Festas no concello de Vedra

CALENDARIO DE FESTAS

FESTAS PARROQUIAS

XANEIRO
Festas Patronais a primeira fin de semana despois do día de Reis en San Xián de Sales.

FEBREIRO
Ceremonia das Candeas o 2 de febreiro en San Pedro de Sarandon
San Blas o domingo seguinte ó 3 de febreiro en San Mamede de Ribadulla

ABRIL
Virxe das Angustias o domingo de Pascua en Illobre

MAIO
San Pedro Mártir o domingo seguinte ó 29 de abril en Merin.
Santa Cruz o 3 de maio en Santa Cruz de Ribadulla.

XUÑO
Santísimo en San Xián de Sales
Santa Isabel o segundo domingo despois de Corpus en San Fins de Sales.
San Pedro o 29 e 30 de xuño en San Pedro de Sarandon.
S. Pedro a primeira fin de semana tralo 29 dese mes en San Pedro de Vilanova.

XULLO
Concepción o primeiro domingo de xullo en San Pedro de Sarandon.
San Cristovo o primeiro domingo despois do 10 de xullo en Merin.
O Carme o domingo seguinte ó 16 de xullo en Trobe
Festas da Madanela o 22 e 23 de xullo en A Ponte Ulla

AGOSTO
Festas Patronais o 1, 2 e 3 de agosto en San Fins de Sales.
Festas Patronais o 7 e 8 de agosto en San Mamede de Ribadulla.
San Campio o  9, 10 e 11 de agosto en San Miguel de Sarandon.
Santiaguiño o sábado anterior ó último domingo de agosto en San Pedro de Vilanova.
Romaría dos Remedios o derradeiro domingo de agosto en Trobe

SETEMBRO
As Dores o primeiro domingo de setembro en Vedra
Romaría do Gundián-Procesión e Fogos de artificio o 7 e 8  de setembro en A Ponte Ulla
Romaría do Patio o luns despois do terceiro domingo de setembro en Santa Cruz de Ribadulla.
San Miguel o 29 de setembro en San Miguel de Sarandon.

NOVEMBRO
Santo André o 30 de novembro en Illobre

DECEMBRO
Santa Baia o 10 de decembro en Vedra

 

FESTAS GASTRONÓMICAS

A Exaltación do viño da Ulla, no mes de abril en San Miguel de Sarandón.
A festa da Orella de Porco, no mes de maio en San Fins de Sales.
A Festa do Porco á Brasa, no mes de maio en Trobe
A Festa do Carneiro ó espeto, no mes de maio en San Xián de Sales
A Festa do Escalo, no mes de xullo en Santa Cruz de Ribadulla.