O 23 de setembro de 1996 foi publicado no D.O.G o decreto 343/1996 polo que se aprobou o escudo do Concello de Vedra.
Na súa explicación dise que "as armas deste Municipio inclúen, como motivo central, unha alusión ó topónimo da súa denominación -vía vétera ou camiño antigo- por medio do pao heráldico, que neste caso se carga de doce vieiras en recordo das parroquias que o conforman e da súa tradicional vinculación coas rutas xacobeas. Con carácter complementario incorpóranse os dous dragróns afrontados que nas súas armas traían os Ibáñez de Mondragón, unhas das liñaxes de maior relevancia e de máis profunda pegada no pasado destas terras".