Vedra na prehistoria

Prehistoria

A existencia de mámoas é a proba máis palpable de que o Val do Ulla tivo habitantes humanos desde hai bastantes milleiros de anos.

Dentro do concello de Vedra están inventariadas as de Cimadevila (San Miguel de Sarandón); a da Quenlla das Medas (San Pedro de Vilanova), e a de Paizás.

Así mesmo, están inventariados cinco xacementos ó aire libre pertencentes á Idade de Bronce: A Golda I e II (San Pedro de Sarandón); As Penizas I e II (Santo André de Trobe), e Ximonde (San Miguel de Sarandón).