Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos teñen un carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao Sistema de Servizos Sociais co que se garante a universalidade do sistema e a súa proximidade aos usuarios e aos ámbitos familiar e social.
Desenvólvense no Centro de Servizos Sociais, situado no baixo da casa do concello en horario de atención ao público de 8:30-14 horas.
981814693
Para o seu desenvolvemento cóntase cun equipo interdisciplinar integrado por:
-1 Traballadora Social / Coordinadora
-1 Técnico en Intervención Familiar e Comunitaria.
-1 Animador Socio-Cultural.
-1 Auxiliar Administrativo
-1 Monitora de Tempo Libre.