Dende esta área desenvólvense accións que tratan de ofrecer un amplo abano de oportunidades informativas, educativas e de ocio ao colectivo de mozos/as, de cara a facilitar unha formación integral encamiñada a acadar un óptimo grao de dinamización e integración social. Para iso lévase a cabo unha programación que busca estimular a participación social e cultural deste sector da poboación, posibilitando o acceso ás novas tecnoloxías e a experiencias que faciliten a formación da súa identidade individual e colectiva e espertando o sentimento de pertenza e identificación coa comunidade na que viven.
OBXECTIVOS XERAIS:
- Dinamizar a información xuvenil en Vedra a través dos seus servizos municipais de información xuvenil (OMIX).
- Fomentar actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre, ofertando unha programación de actividades axeitada e destinada á mocidade, na que se mesture o interese, a utilidade, a plasticidade, e o acceso ás novas tecnoloxías.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Orientar á mocidade con información útil e beneficiosa para o seu desenvolvemento persoal.
- Promover o asociacionismo xuvenil.
- Ofertar a todos os mozos e mozas de Vedra unha programación de ocio e formación ao nivel doutras zonas de Galicia máis favorecidas xeograficamente, permitindo que se formen académica e persoalmente, e promovendo a súa vinculación e identidade coa zona na que viven.
- Construción de hábitos adecuados de ocio e tempo libre entre os mozos/as.
- Fomentar, no desenvolvemento das actividades, os valores de integración e comunicación social, de interese pola cultura, de activación e compromiso social.