Rutas de Sendeirismo

 

Camiñar polo pracer de coñecer, percorrer camiños salpicados de historia, cultura, tradicións...e moldeados pola forza da natureza. Gozar da paisaxe.
Como poden comprobar Vedra abre as súas portas de par en par ao camiñante, para mostrar unha terra agarimosa, sinxela, onde os sendeiros amosan a beleza e a diversidade do concello.
* Para equiparse hai que ter en conta a época do ano na que se fan as rutas 

Rutas

Ruta do Pereiro

Se proseguimos o noso percorrido, chegaremos ao entorno da Ferreira, e finalizaremos esta ruta en Ponte Busacos, punto máis destacable polo seu valor histórico; por el discorreu a IV Vía Militar romana que unía Brácara (Braga) e Astúrica (Astorga); e na actualidade discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.
DATOS TÉCNICOS:
Inicio: Ponte do Pereiro-Carretera
Finalización: Ponte Busacos
Distancia: 5 Km. 
Tipo de sendeiro: Lineal.
Duración aproximada (ida): 2 horas 15´  
Dificultade: media
Terra:90 %
Asfalto:10 %
Cómo chegar: (localización)
O inicio deste sendeiro sitúase na parroquia de Vedra, xunto á ponte da estrada principal que atravesa o río Pereiro. Accédese partindo da casa do Concello en dirección a Illobre, á metade do camiño atopamos un panel de ruta (punto de partida).

Esta ruta condúcenos paralelos ao río Pereiro, e permítenos descubrir toda unha serie de muíños, salpicados aquí e acolá, algún deles aínda hoxe en funcionamento. A poucos Kilómetros río arriba localízase a fervenza do Pereiro que co ruído dos seus cachóns rompe o silencio da paisaxe.

Ruta do Muiños

Ademáis de coñecer a cultura muiñeira, tamén podemos observar as tarefas agrícolas en prados, hortas e viñedos.
A ruta lévanos a través da fraga por estreitos camiños rodeados de vexetación e fervenzas que coa súa melodía fan máis grato o camiñar.

DATOS TÉCNICOS:
Inicio: Área de Interpretación dos Muíños
Finalización: Área de Interpretación dos Muíños
Distancia: 2 Km. 
Tipo de sendeiro: Circular.
Duración aproximada: 1 horas 10´  
Dificultade: media
Terra:90 %
Asfalto:10 %
Cómo chegar: (localización)
O punto de partida sitúase na parroquia de San Pedro de Vilanova. Desviámonos da estrada N-525 Santiago-Ourense en dirección á igrexa parroquial e, deixando atrás esta, viramos primeiro á esquerda e despois á dereita, seguindo as indicacións viarias.

Esta ruta amósanos un conxunto etnográfico formado por varios muíños en bo estado de conservación que seguen o curso do río de Merín, achegándonos a unha constante na paisaxe de Vedra que nos dá a idea da importancia que a agricultura tivo na economía dos nosos antepasados, e do forte vínculo que liga por sempre esta terra á auga.

Ruta de San Xoán da Cova (P.R.-G. 36)

A primeira parada a destacar é o casco tradicional do pobo de A Ponte Ulla. A pouca distancia atopamos no noso camiño cun muíño de singulares características, o muíño de Reboredo, provisto de cinco moas. A seguinte parada será na área de recreo de Agronovo, onde poderemos descansar un anaco para repoñer forzas. Continuamos outro pouco ata chegar á área de recreo do coto de Ximonde, un dos coutos de salmón máis importantes de Galicia, convertido hoxe nunha estación ictiolóxica de cría e reprodución. Máis adiante espéranola área de recreo de Cubelas, que pon o punto e final deste fermoso percorrido polo Ulla.
DATOS TÉCNICOS:
Inicio: Mirador de Gundián
Finalización: Área de recreo de Cubelas
Distancia: 11,2 Km. 
Tipo de sendeiro: Lineal.
Duración aproximada (ida): 5 horas 20´  
Dificultade: media
Terra:95 %
Asfalto:5 %
Cómo chegar: (localización)
O seu inicio localízase no Mirador de Gundián, xunto a ponte do ferrocaril. Para  chegar ata o mirador tómase a saída da estrada N-525 Santiago-Ourense no lugar de A Ponte Ulla.
O Mirador do Gundián está situado a uns 100 metros sobre o nivel do río, que permite unha visión incomparable do Ulla estreitándose no paso da Cova, baixo a ponte do ferrocarril, e continuando logo o seu percorrido ata perderse ao lonxe.

Esta ruta discorre pola marxe dereita do río Ulla aproveitando camiños de paso, sendas de pescadores e sendeiros xa marcados.