PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA (modalidades ludoteca e madrugadores)
Prazo de inscrición: Do 15 de XUÑO ata o 15 de XULLO de 2024, ambos incluídos.
Modalidades: ludoteca e madrugadores durante os meses de setembro de 2024 a xuño de 2025. O servizo de madrugadores comeza unha vez se inicie o curso escolar.
IMPORTANTE: As persoas que desexen acudir ao servizo de ludoteca nos primeiros días de setembro cando aínda non hai clase deberán igualmente facer a solicitude no prazo establecido. Eses días non lectivos a ludoteca abrirá de 8:30 a 14:30 horas.
Lugares de presentación das solicitudes:
- Presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello de Vedra.
- Na Sede Electrónica. PREMENDO AQUÍ (Neste caso as solicitudes, ademais de cubrir o formulario da Sede, deberán anexar cuberto e asinado o formulario oficial de inscrición que está colgado en formato PDF editable)
Documentación:
EXPEDIENTES DE RENOVACIÓN:
No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA curso escolar 2023/2024 ou na modalidade de ludoverán 2024 só será necesario presentar xunto a solicitude a seguinte documentación:
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2023) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
- A documentación que acredite variación ou actualización de circunstancias persoais, laborais ou sociais, alegadas anteriormente.
EXPEDIENTES DE NOVO INGRESO:
Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:
- Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do/a menor do Rexistro civil.
- Informe da vida laboral actualizado, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2023) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
- Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
- Título de familia numerosa, no seu caso.
- Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
- Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
- Outra documentación que sexa necesario aportar no caso de circunstancias excepcionais.
Información: No departamento de servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93 ou 699 041 486