SERVIZOS DE LUDOTECA E MADRUGADORES. CURSO 2024-2025

PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA (modalidades ludoteca e madrugadores)

Prazo de inscrición: Do  15 de XUÑO  ata  o 15 de XULLO de 2024, ambos incluídos.

Modalidades: ludoteca e madrugadores durante os meses de setembro de 2024 a xuño de 2025. O servizo de madrugadores comeza unha vez se inicie o curso escolar.

IMPORTANTE: As persoas que desexen acudir ao servizo de ludoteca nos primeiros días de setembro cando aínda non hai clase deberán igualmente facer a solicitude no prazo establecido. Eses días non lectivos a ludoteca abrirá de 8:30 a 14:30 horas.

Lugares de presentación das solicitudes:

  • Presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello de Vedra.
  • Na Sede Electrónica.  PREMENDO AQUÍ (Neste caso as solicitudes, ademais de cubrir o formulario da Sede, deberán anexar cuberto e asinado o formulario oficial de inscrición que está colgado en formato PDF editable) 

Documentación:

EXPEDIENTES DE RENOVACIÓN:

No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA curso escolar 2023/2024 ou na modalidade de ludoverán 2024 só será necesario presentar xunto a solicitude a seguinte documentación:

  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2023) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • A documentación que acredite variación ou actualización de circunstancias persoais, laborais ou sociais, alegadas anteriormente.

EXPEDIENTES DE NOVO INGRESO:

Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:

  • Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do/a menor do Rexistro civil.
  • Informe da vida laboral actualizado, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2023) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
  • Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
  • Título de familia numerosa, no seu caso.
  • Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
  • Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
  • Outra documentación que sexa necesario aportar no caso de circunstancias excepcionais.

Información: No departamento de servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93 ou 699 041 486