VEDRA CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBIQ+

Vedra súmase á conmemoración ao día de apoio ás persoas LGTBI+ coa reivindicación de respecto á identidade que cada individuo sinte e conforme á cal decide vivir.
E faino compartindo...

1).- O manifesto  da FEGAMP que fai un chamamento á convivencia baseada na comprensión, empatía e concordia e, por suposto, a pór fin ás discriminacións, sinalizacións, desprezos ou calquera outra forma de maltrato psicolóxico ou físico. 

2).- E tamén compartindo  a Campaña impulsada dende Políticas e Igualdade da Deputación da Coruña "Libertade de Ser e Sentir" para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

      PREME AQUÍ para coñecer o seu programa de actividades.