Vedra súmase á conmemoración ao día de apoio ás persoas LGTBI+ coa reivindicación de respecto á identidade que cada individuo sinte e conforme á cal decide vivir.
E faino compartindo...
1).- O manifesto da FEGAMP que fai un chamamento á convivencia baseada na comprensión, empatía e concordia e, por suposto, a pór fin ás discriminacións, sinalizacións, desprezos ou calquera outra forma de maltrato psicolóxico ou físico.
2).- E tamén compartindo a Campaña impulsada dende Políticas e Igualdade da Deputación da Coruña "Libertade de Ser e Sentir" para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
PREME AQUÍ para coñecer o seu programa de actividades.