XLIII EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA
É un escaparate importante para un produto como o viño, que conta cun papel clave na socioeconomía da Ribeira do Ulla, tanto co propio produto como co enoturismo que xira ao seu redor.
Ten por finalidades: promocionar os viños da Subzona Ribeira do Ulla, mostrar e degustar os Viños D.O. Rías Baixas da Ribeira do Ulla, organizar un concurso-cata para poñer en valor os mellores viños da tempada, mellorar a calidade e a comercialización dos viños desta nova subzona e ofrecer un programa complementario de actividades para dinamizar o evento.
- XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO: Datas: os días 2, 3 e 4 de abril. * Información e reservas de praza nos teléfonos 981 814 691 - 619 309 958 (Prazas limitadas)
Un proxecto que xorde baixo a idea de crear espazos adicados á formación da viticultura da zona, coa finalidade de mellorar e estimular producións de calidade, así como divulgar novos coñecementos entre os consumidores/as, mergullándoos na cultura do viño.
Os obxectivos destas xornadas son:
- Promover un espazo de encontro, divulgación e formación para os consumidores e para os viticultores da zona.
- Poñer en valor a cultura do viño como produto de calidade.
- Promocionar os viños da Subzona Ribeira do Ulla.
- Fomentar o desenvolvemento científico e técnico do territorio
- CATAS COMENTADAS, DIRIXIDAS POLAS ADEGAS PARTICIPANTES e coa intervención de NACHO COSTOYA (Sumiller). Data: o sábado 5 de abril / actividade gratuita / prazas limitadas
- MOSTRA DOS CONCELLOS DA SUBZONA DA RIBEIRA DO ULLA: Datas: sábado 5 e domingo 6 de abril - Inscrición previa (Prazas limitadas)
- III RUTA MOTOTURÍSTICA POLOS VIÑEDOS DA RIBEIRA DO ULLA: Data: sábado 5 de abril - Inscrición previa (Prazas limitadas)
- III RUTA DE COCHES ANTIGOS POLOS VIÑEDOS DA RIBEIRA DO ULLA: Data: domingo 6 de abril
En definitiva, a Festa do Viño da Ulla non só pon en valor o viño como recurso gastronómico, senón que tamén trata de aportar o seu gran de área ao desenvolvemento territorial.
Adegas participantes: PAZO ARRETÉN, GÓMEZ E RIAL, CHOUZAL, MAR DE ENVERO, LIXELES, BARALLOBRE, ADEGA VALDÉS, CASA DO SOL, MARÍA MANUELA, CASTRO BREY, PAZO VEDOIRA, LAGAR DE BENDAÑA E ADEGA CHAOS.
Todas as novidades nas súas redes sociais PREMENDO AQUÍ