TABOLEIRO DE AXUDAS

SECCIÓN COAS AXUDAS DE INTERESE:

BONO SOCIAL TÉRMICO DA XUNTA DE GALICIA

Nesta sección atoparás información sobre o Bono Social Térmico da  Xunta de Galicia, que  se concede automaticamente ás persoas  beneficiarias do Bono Social Eléctrico.

Bótalle un ollo á información e/ou consulta nos Servizos Sociais Municipais. Teléfono 981814693

PROGRAMA DE AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS. INFÓRMATE PREMENDO AQUÍ   

As persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivenda, que cumpran os requisitos.

 

FIN DO PRAZO DE SOLICITUDES: 13 de setembro de 2024

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS GALEGAS PARA O ANO 2024. INFÓRMATE PREMENDO AQUÍ  

Empresas legalmente constituídas e persoas autónomas, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

FIN DO PRAZO DE SOLICITUDES: 15 de setembro de 2024

** BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN

As persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación,que cumpran os requisitos

Máis información PREMENDO AQUÍ    

Fin do prazo de solicitudes: o 16 de agosto setembro de 2024

** AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO OU FP DUAL (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED202A).

Alumnado  no último curso dun Ciclo básico, medio e superior.

Máis información PREMENDO AQUÍ    

Fin do prazo de solicitudes: o 9 de setembro de 2024

** AXUDA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE:

- Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega e se procede á súa convoactoria para o ano 2024 (código de procedemento BS321A)

- Fin do prazo de solicitudes: 30 de setembro de 2024.

- Toda a información  PREMENDO AQUÍ 

AXUDAS NOS SERVIZOS SOCIAIS: 

1.- TARXETA BENVIDA 2024

A tarxeta benvida é unha axuda económica para as familias que durante o ano 2024 teñan descendencia ou que a tiveran durante os anos 2022 ou 2023 e non puideran solicitala por ter superado ingresos e na actualidade experimenten unha variación á baixa da renda da unidade familiar.

A tarxeta só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia de toda Galicia.

Contía da axuda:

- Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o/a terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes

- Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a unha axuda complementaria no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos.

- Excepcionalmente, a axuda poderase percibir ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

Requisitos:

- Residencia habitual en Galicia.

- Renda da unidade familiar non superior a 45.000€. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

Máis información: Dirección xeral de familia, infancia e dinamización demográfica da Xunta de Galicia: 981 54 46 34 ou tarxetabenvida.familia@xunta.gal

2.- PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO TEMPADA 2024

O prazo para participar no proceso de adxudicación de prazas das quendas de setembro a decembro estará aberto ata o 15 de maio de 2024.

Para a inclusión nas listaxes de agarda:

Quendas febreiro a agosto: Aberto ata o 14 de maio de 2024

Quendas de setembro a decembro: Aberto ata o 15 de novembro de 2024

Máis información na sede electrónica do IMSERSO PREMENDO AQUÍ: 

Recoméndase solicitar cita previa no teléfono 981 81 46 12 para as persoas que decidan acudir presencialmente ao Concello a tramitar as súas solicitudes.

3.PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO

Dende o 06.11.2023 ata o final da tempada 2023/2024 permanecerá aberto un novo prazo para darse de alta no programa do Imserso de turismo. Este novo prazo é para introducir os datos no sistema de persoas que non o fixeran con anterioridade; non para a elección de viaxes.

As novas solicitudes poden presentarse de forma telemática AQUÍ:  ou a través do formulario en papel e envialo a través dun rexistro público (por exemplo, o do Concello de Vedra) ou en sobre franqueado por Correos.

A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do programa de turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio.

Máis información: AQUÍ  / no teléfono 912 667 713 / no departamento de servizos sociais comunitarios.

4.- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDA PARA O ANO 2024   PREMENDO AQUÍ