Curso de formación en liña sobre a economía GIG – 18, 19 e 21 de maio
Cando:
• Martes 18/5/2021, 14.00-15.30
• Mércores 19/5/2021, 14.00-15.30
• Venres 21/5/2021, 10.00-11.30
Onde: en liña (Teams)
Idioma: inglés
Participantes: buscamos persoas que se inician no mercado laboral e ou que están á marxe del, de todos os niveis e sectores da educación. Está previsto un grupo de 20 participantes en total, 5 procedentes dos Países Baixos, 5 de Irlanda do Norte, 5 de España e 5 de Italia. A participación é gratuíta.
Obxectivo: A «economía GIG» está conformada por persoas que traballan como autónomas e non asinan ningún contrato de traballo estable, de forma que poden ofrecer os seus servizos en función de proxectos ou tarefas concretas, curtas e esporádicas. O Proxecto GIG (ERASMUS+) leva a cabo este programa de formación profesional para persoas novas e para as máis afectadas polo mercado laboral da economía GIG. O alumnado aprenderá sobre a economía GIG e as oportunidades e ameazas que comporta. Ademais, ao finalizar a súa participación, estarán mellor equipados para entrar no mercado laboral e saberán defenderse contra a posible explotación na economía GIG.
Programa:
• «Economía GIG» e «traballadores/as GIG»: introdución á economía GIG.
• Posicionamento no mercado: identidade de marca e marketing na «economía GIG».
• Implicacións económicas e legais da «economía GIG».
Todos os materiais que se utilizarán durante esa semana de formación serán publicados en www.enteringthegigeconomy.eu
Se tes interese en participar, rexístrate AQUÍ
Data límite: 5 de maio de 2021 ás 23.00
Criterios de selección:
- Terán preferencia as persoas empadroadas Concello de Vedra
- Orde de inscrición
«Entering the GIG Economy» é un proxecto europeo financiado polo Programa ERASMUS+. O seu consorcio está formado por 8 entidades complementarias de Irlanda, Países Baixos, España e Italia, que traballan no campo da educación e a formación profesional ou na elaboración e execución de políticas rexionais de educación e emprego. A parte española está representada por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e o Concello de Vedra.