OBRAS DE AMPLIACIÓN DO CPI PLURILINGÜE DE VEDRA.

Comenzaron as obras de ampliación do CPI Plurilingüe de Vedra, nas que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional inviste 841.000 euros

A conselleira. Carmen Pomar. achegouse na mañá de onte ao centro para comprobar o inicio das obras que, aínda que teñen un prazo estimado de duración de seis meses, foron planificadas para que interfiran o mínimo posible no inicio do curso escolar. De feito, as obras de reordenación e mellora do edificio existente finalizarán antes do inicio do curso e está previsto que as actuacións estean rematadas na súa totalidade no segundo trimestre do curso escolar.

A actuación consiste na ampliación do centro a través dun novo edificio de dúas plantas, nas que se situarán un total de 8 aulas de educación secundaria, a razón de 4 por planta. A construción deste novo edificio permitirá redistribuír as aulas de infantil e primaria no edificio xa existente, no que se realizarán tamén melloras.

Deste xeito, no edificio actual situarase o taller de tecnoloxía que agora é a aula de Educación Infantil, e colocarase a Sala de Usos Múltiples no que neste momento é o devandito taller. Así mesmo, dividiranse tres aulas de infantil para poder contar con seis espazos para desdobres, incorporaranse aseos a dúas aulas de infantil e substituirase o actual grupo electróxeno por un