APERTURA DE NOVO PRAZO PARA DARSE DE ALTA NO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO (TEMPADA 2023)
O novo prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de TURISMO do IMSERSO para a tempada de 2023 comeza o 13 de decembro de 2022.
As persoas que xa estaban acreditadas ou se deran de alta no mes de xullo NON teñen que volver a presentar ningunha solicitude. Esta convocatoria extraordinaria é só para aqueles que non estean dados de alta con anterioridade.
Requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade.
Lugar de presentación de solicitudes:
- Na Sede electrónica do IMSERSO: https://imserso.es/web/sede-electronica/procedimientos-servicios/turismo-termalismo-imserso
- Nos rexistros administrativos (incluído o do Concello de Vedra).
- Por correo postal, enviando a solicitude á seguinte dirección: PROGRAMA DE TURISMO DEL IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID
As persoas interesadas que desexen tramitar a súa alta no departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra deberán solicitar cita previa no seguinte teléfono 981 81 46 93
Máis información:
- Teléfono: 912 667 713
- Páxina web do IMSERSO: https://imserso.es/web/imserso
- No departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra (981 81 46 93)