Do 1 ao 22 de xullo de 2024 estará aberto o prazo para novas solicitudes de participación no programa de turismo do IMSERSO para a tempada 2024/2025.
As persoas que xa estean acreditadas de tempadas anteriores recibirán nos seus fogares as cartas de renovación nas que se inclúen os impresos de modificación de datos. Se os datos NON variados, NON será necesario remitir o impreso cuberto. En cambio, se os datos non son correctos ou se desexa cambia os destinos deberá cumprimentalo.
Modalidades de viaxe:
- Zona costa peninsular (Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciada e Cataluña)
- Zona costa insular (Illas Canarias e Illas Baleares)
- Turismo de escapada (circuítos culturais, turismo de natureza e viaxes a capitais de provincia, Ceuta e Melilla)
Requisitos:
- Ser pensionista de xubilación
- Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos de idade
- Ser asegurado ou beneficiario da Sistema de Seguridade Social, con 65 ou máis anos de idade
Para unha mellor organización e atención, todas aquelas persoas que desexen acudir ao Concello de Vedra para realizar estes trámites recoméndase solicitar cita previa no seguinte teléfono 981 81 46 93
Máis información:
- Resolución do 12.06.2024, pola que se convocan as prazas para participar no programa de turismo do IMSERSO 2024/2025 (BOE núm. 151, do 22.06.2024)
- No teléfono de información do IMSERSO: 912 667 713
- Na páxina web: PREMENDO AQUÍ