Trátase da terceira edición do encontro formativo “ Mocidade coa Constitución Española do 1978”. Este celebrarase en Madrid, e para participar del convocanse a todas as persoas de entre os 18 e os 20 anos procedentes de todas as Comunidades Autónomas, tanto do medio rural como do urbano e con perfís diversos.
O encontro combinará sesións académicas sobre a Constitución con visitas ás principais institucións do Estado e tamén contará cun programa de actividades culturais. As sesións académicas tratarán sobre a Constitución española e os seu eixes vertebradores dos seus contidos e das correspondentes visitas institucionais.
O obxectivo é dar a coñecer as institucións do estado, que son patrimonio de todas as españolas e españois, co valor engadido de favorecer un diálogo aberto entre a xuventude e as persoas que reprensentan cada institución, coa finalidade de profundizar nas funcións que realizan e a súa importancia no funcionamento do Estado.
Datos de interés
Inscricións: PREMENDO AQUÍ
Participantes: ata 30 mozos e mozas de entre os 18 e os 20 anos, procedentes de todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla.
Lugar de celebración do encontro: Madrid.
A organización das Xornadas farase cargo do aloxamento, manutención e desprazamento das persoas participantes.
Listado de visitas institucionais previstas:
√ Palacio da Moncloa. Presidencia do Goberno.
√ Congreso de Diputados.
√ Senado.
√ Tribunal Constitucional.
√ Consello Xeral do Poder Xudicial.
√ Defensor do Pobo.
√ Federación Española de Municipios e Provincias.
√ Centro de Estudos Políticos e Constitucionais.
√ Consello da Xuventude de España.
Visitas culturais:
√ Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
√ Galería de las Colecciones Reales.