O Día Internacional da Muller 8 marzo é unha data que se celebra en todo o mundo. Un día no que as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para gritar en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Neste sentido, desde a Concellaría de Igualdade trabállase por lograr a igualdade e a emancipación das mulleres no Concello, unha igualdade que sexa efectiva e real. Un traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano.
Cada ano realízanse diversos actos de sensibilización ao redor do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, sobre a desigualdade que sofren as mulleres.
PROGRAMACIÓN MUNICIPAL:
** DURANTE TODO O MES DE MARZO...
Campaña Divulgación “Nós facemos historia, Mulleres visibles eiqui e agora”
Imos contar con 31 mulleres do Concello de Vedra as súas historias , proxectos e percorridos vitais diferentes para representar a diversidade de mulleres e poñer en valor o papel incuestionable que somos no noso concello, coa vosa imaxe e un pequeño texto das vosas vidas, profesión, aficcións, coidados… adicamos un día a cada unha de vos no mes de marzo .
** O DÍA 8 DE MARZO ACTOS INSTITUCIONAIS...
- Ás 11 horas, previamente ao acto institucional, plantarase unha camelia pola igualdade, coa correspondente placa , este ano na parroquia de Sta. Cruz de Ribadulla
- Ás 12 horas na Casa do Concello. Acto de recoñecemento Vedra é Muller este ano adicado ás MULLERES DA BANDA DE SANTA CRUZ , MULLERES NA MÚSICA.
Peche do acto coa lectura do manifesto .
** III Andaina NO CAMIÑO DA IGUALDADE. DOMINGO 16 DE MARZO
Saída : Área Recreativa de Agronovo ás 9:30 horas
Chegada: Á carballeira de Sucira
- Inscrición gratuíta no teléfono 699 041 486
** XIMKANA FAMILIAS POLA IGUALDADE. SÁBADO 22 DE MARZO AS 10 HORAS DIANTE DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO.
Pretende ser un punto de encontro lúdico-formativo para as diferentes familias do concello , onde poder interactuar e relacionarse, tanto nais, fillas e fillos, pais, avoas, persoas titoras, avós, etc. A temática que vertebra a gymcana é a educación en valores igualitarios e como incorporar a igualdade de xénero no seo dos núcleos familiares.
Tratando de xerar contornas igualitarias que axuden a construír un concello libre de desigualdades de xénero.
Todo iso, realizarase nun ambiente lúdico onde tanto menores como persoas adultas poidan xogar de forma cooperativa e intercambiar experiencias de crianza. Tecendo así, sinerxías de axuda mutua, cooperación e interrelación entre as persoas asistentes.
Esta actividade pretende promover un espazo de sensibilización interxeneracional, respecto á igualdade de xénero, dereitos, responsabilidades e oportunidades das mulleres, os homes, as nenas e os nenos. Todo isto a través de xogos por equipos familiares co obxectivo de conseguir o distintivo “familia igualitaria”.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN LUNS 17 DE MARZO ÁS 14.00 HORAS
É necesario incribirse para poder participar na Ximkana. INSCRÍBETE AQUÍ
** TALLER FORMATIVO EU SON PUNTO VIOLETA 25 DE ABRIL ÁS 19.00 HORAS NO CENTRO DE EMPRENDEMENTO ESTACIÓN
Dirixido a persoas voluntarias para colaborar nos puntos violetas nas festas do concello de Vedra. As violencias machistas están presentes na vida das mulleres como parte da cultura de lecer da sociedade patriarcal na que vivimos, sendo moitas delas percibidas como normais e inevitables por unha parte da poboación. Propoñemos esta formación para colaborar nos puntos violetas. Formaremos en recursos tanto materiais como humanos necesarios, así como as pautas de actuación das persoas que se atopen nestes puntos. Pretendemos responder á necesidade de sensibilizar, concienciar e formar aos membros da comunidade sobre a violencia sexual, sobre a súa prevención e sobre a atención de persoas en situacións de calquera tipo de violencia sexual. Estableceranse as pautas de actuación das persoas que colaborarán cos puntos violeta en tres eixos fundamentais: Prevención, sensibilización e intervención.
** Máis información ou consultas en calquera das propostas na Área de Muller e Igualdade do Concello de Vedra
De luns a venres de 9 a 14 horas nos teléfonos: https://forms.gle/ChnUKhx58vY4h8Hu6
Ou no enderezo electrónico: carmen.sabio@concellodevedra.gal