EIM VEDRA. CURSO 25/26

PRAZO DE SOLICITUDES PARA A EIM MUNICIPAL (GARDERÍA) NO CURSO 2025/2026

ABERTO DO 1 AO 31 DE MARZO 2025 (ambos incluídos)

Aberto o prazo de solicitudes de renovación e novo ingreso para a escola infantil municipal de Vedra para o vindeiro curso escolar 2025/2026.

Poderán solicitar praza as crianzas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. O ingreso na escola só se poderá realizar unha vez cumpridos os 3 meses. O curso escolar comezará o día 1 de setembro de 2025.

Documentación:

  • Alumnado de RENOVACIÓN:
    • Formulario de renovación da praza e declaración de IRPF do exercicio fiscal 2023 de ambos proxenitores.
  • Alumnado de NOVO INGRESO:
    • Formulario de solicitude de praza.
    • DNI de ambos proxenitores.
    • Libro de familia ou certificado de inscrición do nacemento no Rexistro Civil.
    • Declaración de IRPF do exercicio fiscal 2023 de ambos proxenitores.
    • Acreditación da situación laboral de ambos proxenitores (última nómina, xustificante de pago de autónomos, xustificante de pensións ou prestacións públicas, demanda de emprego).
    • Certificado de padrón colectivo, no suposto de familias empadroadas noutro concello.
    • Título de familia numerosa, de ser o caso.
    • Título de familia monoparental, de ser o caso.
    • Sentenza de separación, divorcio ou nulidade e documento convenio regulador, de ser o caso..
    • En caso de circunstancias especiais ou excepcionais, xustificante que as acredite.

Lugares de presentación das solicitudes:

  • Sede electrónica do concello de Vedra:
  • Presencialmente, no rexistro xeral do concello de Vedra, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
  • En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2025, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información:

  • Departamento de servizos sociais comunitarios: 981 814 693
  • Regulamento de réxime interno (BOP A Coruña núm. 185, do 25.09.2024 e núm. 214, do 06.11.2024)
  • Ordenanza fiscal (BOP A Coruña núm. 36, do 24.02.2021 e núm. 185, do 25.09.2024).

Máis información:

  • Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal de Vedra (BOP A Coruña núm. 179, do 26.10.2020)
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de atención da escola infantil municipal (BOP A Coruña núm. 36, do 24.02.2021)
  • Por teléfono: 981 81 46 93 ou no 981 81 46 12