CORRENTES DO ULLA

Programa de actividades:

DESCENSO DO ULLA

• Data: 29 de xuño.

• Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledes­ma ata a Área de Recreo de Agronovo.

• Prezo: 25 € por persoa. (Inclúe Kaiak de 2 per­soas: chaleco salvavidas e seguro).

• Observacións: Poderán participar as persoas maiores de 13 anos con autorización.

• Prazas limitadas

INSCRICIÓNS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 09:00 H PREMENDO AQUI (Prazas limitadas)

ESCOLA DE PESCA

Introdución ao mundo da pesca sostible e á con­cienciación coa natureza.

• Imparte: David Arcay (campión do mundo de pes­ca con mosca)

• Colabora: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

• Datas:

• 10 de xullo. Na Área de Recreo de Agronovo.

• 11 de xullo. Na Área de Recreo de Sucira.

•  Idades dos 6 aos 12 anos (ambas incluídas).

• Prazas limitadas

** INSCRICIÓNS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 09:00 H NO ENDEREZO ELECTRÓNICO cultura@concellodevedra.gal

CAMPO DE VOLUNTARIADO “UNINDO ROTEIROS”

• Recuperación medioambiental e etnográfica + dinamización sociocultural.

• Do 15 ao 26 de xullo

• Idades: de 18 a 30 anos

• Colabora: Dirección Xeral de Xuventude

** INSCRICIÓNS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 09:00 H NO ENDEREZO ELECTRÓNICO cultura@concellodevedra.gal

GOZA DO ULLA (ROTEIRO DE PESCADORES)

• Data: 20 de xullo.

• Percorrido: Saída ás 10 horas do Campo do río de Ponte Ledes­ma de ata Codeso- San Paio

• Distancia: 9,6 km aprox.

• Dificultade: media-baixa

• Prazas limitadas

** INSCRICIÓNS NA WEB www.boqueixon.gal

PASEO EN BICI POLO VAL DO ULLA (RIBADOULLA)

• Data: 28 de xullo.

• Percorrido: Saída ás 10 horas da Área de Recreo de Castiláns (xunto ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla), avituallamento en Ponte Ledesma, regreso ao punto de partida.

• Distancia: 30 km aprox.

• Dificultade: media

• Prazas limitadas

INSCRICIÓNS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 09:00 H PREMENDO AQUI (Prazas limitadas)

GOZA DO ULLA (DO COUTO DE XIMONDE A PONTEVEA)

• Data: 4 de agosto.

• Percorrido: Saída ás 10 horas do Couto de Ximonde ata a ponte medieval de Pontevea-Reis (Teo)

• Distancia: 10 km aprox.

• Dificultade: media

• Prazas limitadas

INSCRICIÓNS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 09:00 H PREMENDO AQUI (Prazas limitadas)