O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe o CPI de Vedra, onde coñeceu de primeira man o curso de programación informática nas escolas que se está desenvolvendo neste centro. Arredor de 200 nenos e nenas de 6º curso de Primaria e 1º de ESO participan neste iniciativa pioneira para introducir aos rapaces en coñecementos básicos de computación, dunha forma sinxela e amena.
Trátase dunha formación complementaria á que os alumnos acceden de forma voluntaria, xa que as clases se imparten fóra do horario escolar.
O obxectivo é introducir aos escolares, dunha maneira proactiva e lúdica, a programar, familiarizándoos co pensamento computacional.Os participantes poden coñecer as ferramentas necesarias para comprender que son e como funcionan os ordenadores e os programas e aplicacións informáticas que rexen o día a día.