Aberto o prazo do IMSERSO para participar no programa de termalismo tempada 2023, dende o 5 de decembro de 2022.
Poderán participar as persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
- Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade.
- Ser persoa asegurada ou beneficiaria do sistema de seguridade social con 65 ou máis anos de idade.
Prazo para a presentación das solicitudes:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto de 2023: Ata o 9 de xaneiro de 2023.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro de 2023: Ata o 15 de maio de 2023.
As persoas que participaran no programa en anos anteriores recibirán na súa vivenda a carta de acreditación. Se desexan variar algún dato persoal ou preferencia deberán presentar o formulario cuberto dentro dos prazos indicados.
Para facer as inscricións no departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra rógase solicitar cita previa no teléfono 981 81 46 93.
Neste apartado incluimos a documentación relacionada (convocatoria, solicitude, balnearios dispoñibles)
Máis información:
- Resolución do 21.11.2022 do IMSERSO, publicada no BOE do 29.11.2022.
- Teléfono IMSERSO: 912 667 713
- Ligazón Páxina Web