Que facer
Son moitas as alternativas que che ofrezo para o teu completo goce. Permíteme destacar as actividades ao aire libre e as rutas en contacto coa natureza, que che amosan a beleza e a diversidade do concello.
Ao longo do ano dispós dun amplo abano de actividades culturais, sociais e deportivas. Variadas propostas como practicar sendeirismo ou cicloturismo onde podes descubrir belos recunchos; percorrer o último tramo da Vía da Prata do Camiño de Santiago; gozar do etnoturismo a través da “Ruta do Viño da Ribeira do Ulla”; percorrer o río en piraguas ou nas Barcas do Ulla; descansar nas miñas áreas recreativas. Son algunhas das escusas para que te animes a visitarme.