Publicacións Turísticas
Guía Turística de Vedra
Permite un achegamento ao concello de Vedra a través de seu patrimonio natural, cultural, arquitectónico, etnográfico e gastronómico. Tamén presenta a oferta de produtores locais, artesáns, aloxamentos e restaurantes.
Invita a descubrir, entre outros, 5 lugares de obrigada visita: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla coas súas camelias, Miradoiro e Pontes de Gundián, Couto de Ximonde coa súa Ponte Colgante, Área de Interpretación dos Muíños, Capela e Fonte do Santiaguiño e conxunto da Igrexa, fonte e cruceiro de Vedra.
Ver guía:
Rutas de Sendeirismo de Vedra
Permite un achegamento ao concello de Vedra a través das rutas de sendeirismo de San Xoán da Cova (P.R.G.-36), Pereiro e Muíños; itinerarios que nos ensinan a beleza e a diversidade do territorio.
Mapa Turístico da Ruta do Viño da Ribeira do Ulla.
Permite un achegamento ao concello de Vedra a través do itinerario da Ruta do Viño Rías Baixas na Subzona Ribeira do Ulla. Presenta a súa oferta temática e de ocio, aloxamentos, restaurantes e por suposto adegas.
Unha boa oportunidade para coñecer a cultura do viño deste territorio.
Roteiro da Migración.