Como chegar
Para chegar ata min, tes varias opcións:
Desde Santiago de Compostela: colles a N-525 dirección Ourense e entras directamente nos límites do concello.
A N-525 Santiago-Ourense conflúe en A Ponte Ulla coa AC-241 A Ponte Ulla – Pontevea.
Tamén podes achegarte pola autoestrada AP-53 Santiago-Ourense tomando a primeira saída (Ribadulla: A Ponte Ulla, P.K. 14).
As comunicación internas do concello discorren a través de cómodas estradas locais.
Dúas liñas de autobuses (das empresas Monbús e Seoane) enlazan cada unha das miñas
parroquias con Santiago.
Distancias quilométricas por estrada:
Santiago de Compostela 16 Km
Pontevedra 70 Km
A Coruña 86 Km
Ourense 92 Km
Vigo 97 Km
Ferrol 108 Km
Lugo 115 Km