Deportes
O concello de Vedra ten entre as súas competencias a de “fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar” e iso é o que pretende co desenvolvemento dun programa de actividades anual.
OBXECTIVOS XERAIS:
-
Desenvolver as actividades deportivas non ofertadas por outras entidades neste concello.
-
Promover a actividade deportiva en xeral no ámbito de actuación do concello creando hábitos de vida saudables.
-
Ofertar un ocio e tempo libre saudable, construtivo e de carácter social.
-
Fomentar a adquisición de aptitudes de participación, compromiso e esforzo.
ÁMBITOS DE ACTUACIÓN:
-
Escolas deportivas para a idade escolar
-
Actividades deportivas para adultos
-
Outras actividades