CONVOCATORIA DE AXUDAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ENTIDADES
A Deputación Provincial da Coruña ten abertas varias liñas de axudas destinadas a diferentes ámbitos asociativos.
O PRAZO DE SOLICITUDES ESTÁ ABERTO EN TODAS AS CONVOCATORIAS ATA O 16 DE XANEIRO DE 2025
** Axudas para actividades culturais, para actividades deportivas, para investimento, para actividade destinadas á loita pola igualdade de xénero, actividades vitivinícolas,...
Ligazón ás axudas publicadas o 2 de decembro PREMENDO AQUÍ
Ligazón ás axudas publicadas o 10 de decembro PREMENDO AQUÍ
Ligazón ás axudas publicadas o 12 de decembro PREMENDO AQUÍ
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
BONOS ACTIVA COMERCIO
Dirixido a persoas consumidoras, así como os establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña. Código de procedemento CO301B
O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
PRAZO DE SOLICITUDES ABERTO ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2024
AXUDAS PARA FACILITAR O FINANCIAMENTO DA ADQUISICIÓN DE UVA POLAS ADEGAS DE ELABORACIÓN DE VIÑO ACOLLIDO ÁS DENOMINACIÓNS DE ORIXE E INDICACIÓNS XEOGRÁFICAS PROTEXIDAS VITIVINÍCOLAS GALEGAS
As empresas que teñan cando menos un centro de traballo en Galicia e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.
Poderán ser persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior parágrafo.
PRAZO DE SOLICITUDES ABERTO ATA O 16 DE DECEMBRO DE 2024
BONO SOCIAL TÉRMICO DA XUNTA DE GALICIA
Nesta sección atoparás información sobre o Bono Social Térmico da Xunta de Galicia, que se concede automaticamente ás persoas beneficiarias do Bono Social Eléctrico.
Bótalle un ollo á información e/ou consulta nos Servizos Sociais Municipais. Teléfono 981814693
PROGRAMA DE AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS. INFÓRMATE PREMENDO AQUÍ
As persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivenda, que cumpran os requisitos.
INFORMACIÓN XERAL DAS AXUDAS NOS SERVIZOS SOCIAIS:
1.- TARXETA BENVIDA 2024
A tarxeta benvida é unha axuda económica para as familias que durante o ano 2024 teñan descendencia ou que a tiveran durante os anos 2022 ou 2023 e non puideran solicitala por ter superado ingresos e na actualidade experimenten unha variación á baixa da renda da unidade familiar.
A tarxeta só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia de toda Galicia.
Contía da axuda:
- Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o/a terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes
- Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a unha axuda complementaria no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos.
- Excepcionalmente, a axuda poderase percibir ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.
Requisitos:
- Residencia habitual en Galicia.
- Renda da unidade familiar non superior a 45.000€. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
Máis información: Dirección xeral de familia, infancia e dinamización demográfica da Xunta de Galicia: 981 54 46 34 ou tarxetabenvida.familia@xunta.gal
2.- PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO TEMPADA 2024
O prazo para participar no proceso de adxudicación de prazas das quendas de setembro a decembro estará aberto ata o 15 de maio de 2024.
Para a inclusión nas listaxes de agarda:
Quendas febreiro a agosto: Aberto ata o 14 de maio de 2024
Quendas de setembro a decembro: Aberto ata o 15 de novembro de 2024
Máis información na sede electrónica do IMSERSO PREMENDO AQUÍ:
Recoméndase solicitar cita previa no teléfono 981 81 46 12 para as persoas que decidan acudir presencialmente ao Concello a tramitar as súas solicitudes.
3.- PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO
Dende o 06.11.2023 ata o final da tempada 2023/2024 permanecerá aberto un novo prazo para darse de alta no programa do Imserso de turismo. Este novo prazo é para introducir os datos no sistema de persoas que non o fixeran con anterioridade; non para a elección de viaxes.
As novas solicitudes poden presentarse de forma telemática AQUÍ: ou a través do formulario en papel e envialo a través dun rexistro público (por exemplo, o do Concello de Vedra) ou en sobre franqueado por Correos.
A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do programa de turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio.
Máis información: AQUÍ / no teléfono 912 667 713 / no departamento de servizos sociais comunitarios.
4.- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDA PARA O ANO 2024 PREMENDO AQUÍ