XESTIÓN DE BIOMASA NAS LIÑAS DE ELECTRICIDADE

O concello de Vedra informa a toda a veciñanza de que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, realizará en próximas datas traballos de xestión da biomasa na franxa de 5 metros respecto das súas liñas de tensión.