PROPOSTAS DE VERÁN EN VEDRA:
Repasamos as alternativas de conciliación para as mañás deste verán en Vedra.
- LUDOVERÁN
Na etapa estival o servizo de ludoteca pasa a ter horario de verán e servizo de madruga.
O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de maio na Sede Electrónica ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais do Concello.
- CAMPAMENTOS DE VERÁN EN VEDRA DE INICIATIVAS ASOCIATIVAS:
- ACAMPARTE 2024 DA ANPA CEIP ORTIGUEIRA
Inscríbete nesta iniciativa subvencionada pola
Deputación da Coruña CUBRINDO a folla de matrícula que achegamos nesta sección e enviandoa a
cultura@concellodevedra.gal.
- IV CAMPUS DO CLUB OLÍMPICO DE VEDRA
Máis información e inscricións nas súas redes sociais a partir do 15 de maio.
- ESCOLA AMBIENTAL DA ASOC. AMABUL
** CAMPAMENTOS MUNICIPAIS DE VERÁN FÓRA DE VEDRA, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE BOQUEIXÓN:
Minicampamento de aventura
Datas: do 22 ao 25 de xuño (4 días, 3 noites)
Persoas destinatarias: as nadas nos anos 2013, 2014 e 2015
Prezo: 130 €
PRAZO DE PREINSCRICIÓN XA PECHADO
Datas: do 22 ao 29 de xuño (8 días, 7 noites)
Persoas destinatarias: as nadas nos anos 2008, 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013
Prezo: 195 €
PRAZO DE PREINSCRICIÓN XA PECHADO
- Campamento xuvenil: Viaxe do Verán - Alicante
Datas: do 22 ao 28 de xullo (7 días, 6 noites, saída o día 21)
Persoas destinatarias: as nadas nos anos 2006, 2007 e 2008.
Prezo: 350 €
PRAZO DE PREINSCRICIÓN XA PECHADO