PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDO A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2024 (DP0043)
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
O proxecto SON VEDRA 2024, acolleu diferentes campañas de promoción de produtos locais.
Tiña por obxectivos poñer en valor os produtos locais, incentivando o seu consumo a nivel local/comarcal, e apostando pola economía e o emprego de proximidade.
Nestas campañas os produtores locais: viveiros de camelias, apicultores, adegas, destilerías, queixerías, panaderías, artesáns/artesás e outros comerciantes do municipio, mostraron en diferentes espazos as características dos seus produtos. Así mesmo, tratouse de visibilizar o valor propio do seu labor e o que eles/elas aportan ao territorio en relación á socioeconomía e a dinamización social do concello.
SON VEDRA 2024, Céntrouse en tres eixes/accións principais: a camelia, os produtos gastronómicos e a artesanía local.
A CAMELIA: nos últimos anos, o cultivo da camelia foi aumentando de forma considerable, e ao seu redor xordiron unha serie de proxectos vinculados a viveiros e a particulares como por exemplo a elaboración de produtos con aceite de camelia, cosmética, té, etc. Contamos con 4 viveiros e 6 artesás con produtos derivados da camelia. Neste senso tratamos de impulsar o desenvolvemento socioeconómico do territorio vedrés partindo dun dos seus recursos: a camelia. Para iso, desenvolvemos unhas xornadas en relación ao cultivo, coidado e coñecemento da camelia nas que se implicou á veciñanza, co fin de promocionala.
Actividade: Xornadas arredor da Camelia
Datas e desenvolvemento:
- 24 de febreiro 2024: Accións de dinamización; visita teatralizada a xardíns de camelia, e obradoiros de creación con camelia.
- 25 de febreiro de 2024: Mostra de traballos ornamentais con camelia e feira de artesanía con produtos de camelia.
Lugar: Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla - Vedra
(Fotos 1,2,3,4,5,6, 7 e 8)
OS PRODUTOS GASTRONÓMICOS:
O concello de Vedra é referente polo número e variedade de iniciativas relacionadas coa gastronomía: viños da D.O Rías Baixas-Ribeira do Ulla, augardentes e licores, produtos da horta, queixos, doces tradicionais... Contamos cun total de 25 produtores/as locais.
Actividade: Participación cun stand para a promoción dos produtos locais en eventos da comunidade
Datas, lugar e desenvolvemento:
- 13 e 14 de abril 2024/ San Miguel de Sarandón-Vedra: Mostra de produtos locais no marco da Exaltación do Viño da Ulla.
(Fotos: 9, 10 e 11)
- 17,18 e 19 de maio de 2024/ A Estrada: Stand no Gatrotur do Ulla
(Fotos 12 e 13)
- 30, 31 de maio e 1 e 2 de xuño de 2024/ Silleda: Stand en Turexpo
(Fotos 14 e 15)
25 de outubro de 2024/ Xantar Ourense
(Fotos 16 e 17)
A ARTESANÍA LOCAL:
Vedra, conta cunha destacada representación de artesáns e artesás, que tralo slogan “feito á man”, acolle unha ampla diversidade de produtos: cerámica, lámpadas, bixutería, deseño de roupa, creatividade e decoración... (12 en total)
Actividade: Feira de artesanía local
Datas:1 de decembro de 2024:
Lugar: Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla - Vedra
(Fotos 18 e 19)
Son Vedra 2024 convertiuse nun escaparate importante para os produtos locais, que contan cun papel destacado na socioeconomía do concello.
As tres accións previstas neste proxecto estaban destinadas a activar a economía e o comercio de cara a mellorar a cadea de valor, a promoción dos produtos locais tanto no mercado interior como exterior para que se consolidasen.
O impacto destas tres actividades no territorio foron fundamentais, por unha banda o promocionar os produtos locais, e pola outra a importancia que supón para a activación do conxunto da economía en xeral e do comercio en particular. Deste proxecto xurdiron sinerxías entre o propio sector para definir propostas futuras, para deseñar estratexias conxuntas e para traballar de forma colaborativa.
"Programa de subvencións dirixido a concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2024 (DP0043)"
"Actividades subvencionadas pola Deputación da Coruña"