O pasado venres inaugurouse en Xinzo de Limia o Museo Galego do Entroido que permitirá mellorar a difusión e coñecemento dos Entroidos galegos, entre eles o Entroido dos Xenerais do Ulla.
O concello de Vedra está representado na figura dun xeneral a cabalo. Este é, sen dúbida, un paso importante na promoción deste Entroido que compartimos con outros sete concellos da bisbarra e que acadou a declaración de Festa de Interese Turístico.