O Concello de Vedra vai instalar unha caldeira de biomasa no edificio do CEIP Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, con cargo ao programa de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, convocado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).