Convócase proceso de selección para cubrir dous postos de oficial de segunda de xardineiro/a forestal mediante a modalidade contractual de Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral,
a tempo completo e cunha duración de nove meses a través do programa “APROL RURAL VEDRA 2023” financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.