X DUATLON CONCELLO DE VEDRA POR EQUIPOS

Preto de 500 duatletas danse cita en Vedra, na festa do dúatlon galego.
Cidade de Lugo Fluvial en categoría feminina e Inforhouse Santiago na masculina fanse cos títulos de campións galegos 2025.
 

PEL DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2025

Aberta a convocatoria  do PEL da Deputación da Coruña

Toda a información NESTA SECCIÓN ou na web www.dacoruna.gal

BOLETÍN MARZO 2025

EN MARZO... VEDRA É MULLER

O Día Internacional da Muller 8 marzo  é unha data que se celebra en todo o mundo. Un día no que as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para gritar en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Neste sentido, desde a Concellaría de Igualdade trabállase por lograr a igualdade e a emancipación das mulleres no Concello, unha igualdade que sexa efectiva e real. Un traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano.

Páginas