Prevención incendios

Segundo o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e as súas modificacións na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia,

 As persoas propietarias de parcelas teñen as seguintes OBRIGAS:

 - Xestionar toda a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetrais ao solo urbano, de núcleo rural, así como de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 m. do monte.

 - Retirar aqueles eucaliptos, piñeiros, acacias, mimosas e demais especies recollidas na D.A. III da Lei de incendios que se atopen a menos de 30 metros dos solos e edificacións citadas no parágrafo anterior.

 ESTES TRABALLOS DE LIMPEZA DEBERÁN SER REALIZADOS ANTES DO 30 DE XUÑO.

 Recordamos que este concello está considerado pola Xunta de Galicia como zona de alto risco de incendio polo que a aplicación destas medidas debe ser moito máis rigorosa e o seu incumprimento conlevará a aplicación de multas coercitivas aos titulares das parcelas e, de ser o caso, a instrucción do correspondente procedemento sancionador.