FIBRA ÓPTICA EN VEDRA

Compartimos información de interese para a veciñanza sobre a fibra óptica no noso termo municipal:

1.-    Na actualidade está instalándose a fibra óptica na parroquia de Ponte Ulla, onde moi pronto estará operativa.

2.-   O Concello de Vedra supera o 80% de cobertura de fibra óptica no seu territorio, polo que xa entramos na fase de extendela ao 100%. Por este motivo proximamente levarase a cabo a desinstalación da infraestructura de cobre.

Como consecuencia informamos de que as persoas usuarias de teléfono ou internet a través de cobre terán que facer a súa migración á fibra ou a 4G antes de final de ano.

** Consultas e información sobre este asunto no teléfono: 669 573 351