Información de interese.
A Deputación da Coruña sacou o xoves 3 de febreiro catro programas de subvencións para a realización de investimentos e actividades culturais durante o ano 2022.
As axudas son as seguintes:
- Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais. CONSULTA AS BASES AQUÍ
- Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2022. CONSULTA AS BASES AQUÍ
- Subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña para a realización de investimentos culturais durante o ano 2022. . CONSULTA AS BASES AQUÍ
- Subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña para a realización de actividades culturais durante o ano 2022. CONSULTA AS BASES AQUÍ
Podes consultar as túas dúbidas no teléfono 981814691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.com