A Constitución Española, no seu artigo 14, establece a non discriminación por razón de
nacemento, SEXO, relixión, opinión ou calquera condición ou circunstancia. Pero a pesar desta
equiparación constitucional, aínda os dereitos da muller non se respectan plenamente nin no
fogar, nin no traballo, nin nas rúas. Non é suficiente, pois, que existan leis que garantan os
nosos dereitos, senón que é necesario coñecelos para así poder exercitalos e denunciar, no seu
caso, o seu incumprimento, saber a que lugar, persoas ou institucións dirixirnos para efectuar
as nosas reclamacións.
No Concello de Vedra, como municipio integrante da Rede Galega de Concellos pola Igualdade,
e aprobado o “II Plan de Igualdade de Oportunidades, Dereitos e Deberes de Mulleres e
Homes do Concello de Vedra 2018-2022” ofrécemosche os seguintes servizos como
dereitos recoñecidos:
No Departamento de Servizos Sociais Comunitarios
Dende o programa de Información e orientación facilítase unha orientación e asesoramento
ás mulleres que acoden , derivándoas, se fose necesario aos departamentos que poidan
proporcionarlles o apoio técnico adecuado. Días de atención de luns a venres (De 9:00 a 15:00 Horas)
Asesoramento Xurídico
Unha técnica xurídica informará e asesorará, intervindo, cando o caso requírao, naquelas
materias xurídicas que afectan á muller tanto en dereito de Familia como en Dereito Penal.
Día de atención: venres
Departamento de fomento de emprego
O departamento de fomento de emprego ofréceche:
-Información laboral.
-Cursos de pre-formación.
-Orientación para o autoemprego.
-Fórmula de traballo asociado: Cooperativas, sociedades anónimas laborais...
Subvencións e axudas para a creación de empresas.
Días de atención de luns a venres
Atención Psicolóxica
Día de atención: Os martes (DE 09:00 a 15:00)