TABOLEIRO DE AXUDAS

CONVOCATORIA DE AXUDAS  AGADER 2025

DIRIXIDA Á AMPLIACIÓN E MODERNIZACIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS QUE DESENVOLVEN ACTIVIDADES NON AGRARIAS 

Orde da convocatoria

ORDE do 29 de xaneiro de 2025 pola que se regulan as bases das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A)

Destinatarios

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

DOG

DOG Núm. 19; Mércores, 29 de xaneiro de 2025

Ligazón ao DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-000...

Fin prazo

28/02/2025

- PLAN ESPECÍFICO DE ACCIÓN COMUNITARIA DESTINADO A DIFERENTES COLECTIVOS ASOCIATIVOS DA XUNTA DE GALICIA

Orde da convocatoria

ORDE do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

Destinatarios

As asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Investimento obra e equipamento

DOG

DOG Núm. 9; Mércores, 15 de xaneiro de 2025

Ligazón ao DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250115/AnuncioG0759-301224-0...

Fin prazo

17/02/2025

- CONVOCATORIA PROGRAMA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA NO 2025 DA XUNTA DE GALICIA

Orde da convocatoria

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).

Destinatarios

As persoas físicas maiores de idade que reúnan os  requisitos da Resolución

DOG

DOG Núm. 8; Martes, 14 de xaneiro de 2025

Ligazón ao DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioC3Q2-070125-00...

Fin prazo

15/10/2025

- CONVOCATORIA AXUDAS Á APICULTURA PARA O 2025 DA XUNTA DE GALICIA

Orde da convocatoria

ORDE do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Destinatarios

Produtores de mel do concello

DOG

DOG Núm. 12; Luns, 20 de xaneiro de 2025

Ligazón ao DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioG0426-121224-0...

Fin prazo

20/02/2025 

CONVOCATORIA AXUDAS PARA FOMENTAR A ADOPCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS

Orde da convocatoria

ORDE do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT811C).

Destinatarios

As persoas físicas que acrediten a adopción dun animal doméstico de compañía abandonado que proveña dalgún dos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de se cumpriren con respecto ao animal obxecto de adopción os requisitos establecidos no artigo 24.2 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

DOG

DOG Núm. 16; Venres, 24 de xaneiro de 2025

Ligazón ao DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0760-271224-0006_gl.pdf

Fin prazo

30/09/2025

- PLAN GALICIA EMPREGA DE INCENTIVOS Á CONTRTACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA

Orde da convocatoria

ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR342C).

Destinatarios

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

DOG

DOG Núm. 16; Venres, 24 de xaneiro de 2025

Ligazón ao DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-160125-0005_gl.pdf

Fin prazo

30/09/2025