PROGRAMACIÓN PARA MARZO
SÁBADO 18 DE MARZO
Ás 19 horas:
- Mesa de experiencias coa Asociación Berenguela e convidadas. Programa de Radio.
- Exposición "Mulleres Valentes" de Rosa Cabanas.
- Feminismos a pé de Vía: Información, fotocall, actividades de dinamización.
Ás 20 horas:
Concertos:
-Pandereteiras Silandeira
- Pandereteiras Dedaleiras
- Caamaño e Ameixeiras
DOMINGO 19 DE MARZO:
** Ás 13 horas
Sesión vermú de contos con Ángeles Goás
"Contos da Torre, do Foco e de Romariz" Asociación Berenguela
---------------------------------------- INFORMACIÓN XENÉRICA DA ESTACIÓN CULTURAL ------------------------------------
Presentamos un novo proxecto que pretende dotar dunha nova identidade cultural e visual ó espazo da estación, para que se converta nun lugar de referencia para veciños e veciñas do concello de Vedra, pero tamén para os habitantes da comarca que queiran crear novas identidades de pertenza.
A presente iniciativa ten como obxectivos xerais:
- Incrementar a actividade cultural no territorio, e activar procesos culturais, tratando de afondar nos vínculos individuais e sociais deste concello rural.
- Reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural vedrés como ferramenta de cambio, dinamización e transformación social.
- Promover a inclusión e a estimulación da participación cidadá activa na actividade cultural.
Estrutúrase en tres accións:
LABORATORIO DE IDEAS E INNOVACIÓN CULTURAL
O laboratorio de ideas e innovación no ámbito cultural é un espazo onde se abordará a colaboración directa entre o tecido empresarial local, o tecido asociativo local e as institucións, mediante proxectos concretos que se xestionen desde o seu deseño ata a súa posible posta en marcha.
As accións a desenvolver serán:
- Contacto e xuntanzas co tecido asociativo e empresarial do ámbito cultural que desenvolvan actividade no concello de Vedra.
- Servizo de asesoramento gratuito para a creación e posta en marcha de proxectos, produtos e servizos culturais.
- Formación das persoas promotoras de ideas ou iniciativas.
- Creación dunha rede de traballo colaborativa.
As ideas xurdidas do laboratorio teñen como finalidades principais: xerar impacto social e económico no Concello e axudar no desenvolvemento do talento no ámbito cultural.
Para máis información, podedes contactar co 981 51 22 44, 600 425 016 ou en aestacion@concellodevedra.gal
ESTUDO DE RADIO E PODCAST
Consiste na creación dun estudo de radio e podcast onde poidamos, por un lado, xerar contido, e por outro, realizar talleres formativos de produción onde os e as participantes poidan contar en primeira persoa as cousas que viven e aquelo que lles pasa. Trátase de xerar unha ferramenta dinamizadora con moitas posibilidades de difusión e impacto.
CULTURA NA NAVE: FESTIVAIS
Acolle un ciclo de 5 festivais a desenvolver na nave da estación entre os meses de novembro e marzo. Cada festival abordará unha temática específica que será transversal ó contexto no que vivimos e busca divulgar e xerar pertenza para co espazo. Os festivais contarán coa presenza de grupos, artista e entidades locais e grupos e artista recoñecidos a nivel galego de diferentes estilos musicais, co obxectivo de dinamizar e realizar un intercambio cultural.