A ESTACIÓN CULTURAL

PROGRAMACIÓN PARA MARZO

Bótalle un ollo á programación e anímate a pasarte pola estación!!

SÁBADO 18 DE MARZO

Ás 19 horas:

- Mesa de experiencias coa Asociación Berenguela e convidadas. Programa de Radio.

- Exposición "Mulleres Valentes" de Rosa Cabanas.

- Feminismos a pé de Vía: Información, fotocall, actividades de dinamización.

Ás 20 horas:

Concertos:

-Pandereteiras Silandeira

- Pandereteiras Dedaleiras

- Caamaño e Ameixeiras

DOMINGO 19 DE MARZO:

** Ás 13 horas

Sesión vermú de contos con Ángeles Goás

"Contos da Torre, do Foco e de Romariz" Asociación Berenguela

 

---------------------------------------- INFORMACIÓN XENÉRICA DA ESTACIÓN CULTURAL ------------------------------------

Presentamos un novo proxecto que pretende dotar dunha nova identidade cultural e visual ó espazo da estación, para que se converta nun lugar de referencia para veciños e veciñas do concello de Vedra, pero tamén para os habitantes da comarca que queiran crear novas identidades de pertenza.

A presente iniciativa ten como obxectivos xerais:

  • Incrementar a actividade cultural no territorio, e activar procesos culturais, tratando de afondar nos vínculos individuais e sociais deste concello rural.
  • Reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural vedrés como ferramenta de cambio, dinamización e transformación social.
  • Promover a inclusión e a estimulación da participación cidadá activa na actividade cultural.

Estrutúrase en tres accións:

LABORATORIO DE IDEAS E INNOVACIÓN CULTURAL

O laboratorio de ideas e innovación no ámbito cultural é un espazo onde se abordará a colaboración directa entre o tecido empresarial local, o tecido asociativo local e as institucións, mediante proxectos concretos que se xestionen desde o seu deseño ata a súa posible posta en marcha.

As accións a desenvolver serán:

  • Contacto e xuntanzas co tecido asociativo e empresarial do ámbito cultural que desenvolvan actividade no concello de Vedra.
  • Servizo de asesoramento gratuito para a creación e posta en marcha de proxectos,  produtos e servizos culturais.
  • Formación das persoas promotoras de ideas ou iniciativas.
  • Creación dunha rede de traballo colaborativa.
     

As ideas xurdidas do laboratorio teñen como finalidades principais: xerar impacto social e económico no Concello e axudar no desenvolvemento do talento no ámbito cultural.

Para máis información, podedes contactar co 981 51 22 44, 600 425 016 ou en aestacion@concellodevedra.gal

ESTUDO DE RADIO E PODCAST

Consiste na creación dun estudo de radio e podcast onde poidamos, por un lado, xerar contido, e por outro, realizar talleres formativos de produción onde os e as participantes poidan contar en primeira persoa as cousas que viven e aquelo que lles pasa. Trátase de xerar unha ferramenta dinamizadora con moitas posibilidades de difusión e impacto.

CULTURA NA NAVE: FESTIVAIS

Acolle un ciclo de 5 festivais a desenvolver na nave da estación entre os meses de novembro e marzo. Cada festival abordará unha temática específica que será transversal ó contexto no que vivimos e busca divulgar e xerar pertenza para co espazo. Os festivais contarán coa presenza de grupos, artista e entidades locais e grupos e artista recoñecidos a nivel galego de diferentes estilos musicais, co obxectivo de dinamizar e realizar un intercambio cultural.