FESTA DO VIÑO DA ULLA

XLII FESTA DO VIÑO DA ULLA

A Festa do Viño da Ulla é un escaparate importante para un produto como o viño, que conta cun papel clave na socioeconomía da Ribeira do Ulla, tanto co propio produto como co enoturismo que xira ao seu redor.

Ten por finalidades: promocionar os viños da Subzona  Ribeira do Ulla, mostrar e degustar os Viños D.O. Rías Baixas da Ribeira do Ulla, organizar un concurso-cata para poñer en valor os mellores viños da tempada, mellorar a calidade e a comercialización dos viños desta nova subzona e ofrecer un programa complementario de actividades para dinamizar o evento.

O primeiro día ten lugar a Cata-Concurso dos viños Rías Baixas Albariño da Ribeira do Ulla, onde un xurado profesional avalía a calidade dos viños e outorga os premios aos 3 mellores viños. Logo, organízase unha mostra de viños, que está situada no recinto do campo de festa. Todo isto, acompañado dunha ampla programación que busca a “Harmonía” entre viño, tapas e música.

En definitiva, a Festa do Viño da Ulla non só pon en valor o viño como recurso gastronómico, senón que tamén trata de aportar o seu gran de area ao desenvolvemento  territorial.

Adegas participantes: PAZO ARRETÉN, GÓMEZ E RIAL, MARECASTE, CASTRO DE BALAR, CHOUZAL, MAR DE ENVERO, LIXELES, BARALLOBRE, ADEGA VALDÉS, CASA DO SOL, MARÍA MANUELA E CASTRO BREY.

Bótalle un ollo á súa programación e a todas as súas novidades nas súas redes sociais  PREMENDO  AQUÍ

 

 --- XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO --- PRAZAS ESGOTADAS

Xa está aquí unha nova edición das Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño.

Este proxecto xorde baixo a idea de crear espazos adicados á formación dos viticultores da zona, coa finalidade de mellorar e estimular producións de calidade, así como divulgar novos  coñecementos entre os consumidores/as, mergullándoos  na cultura do viño.

Os obxectivos destas xornadas son:

  • Promover un espazo de encontro, divulgación e formación  para os consumidores e para os viticultores da zona.
  • Poñer en valor a cultura do viño como produto de calidade.
  • Promocionar os viños da Subzona  Ribeira do Ulla.
  • Fomentar o desenvolvemento científico e técnico do territorio                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                              Xa está aberto o prazo de inscrición! Prazas limitadas!