I.- OBXECTO DO CONTRATO.- Constitúe o obxecto do contrato a subministración ao Concello de Vedra dun vehículo tipo tractor, nos termos e condicións establecidas no presente prego de cláusulas económico administrativas particulares.
PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- Procedemento aberto con diversos criterios de adxudicación.
II.- ORZAMENTO DO CONTRATO.- O orzamento do presente contrato, que servirá de base para a licitación, constitúe o prezo máximo polo que se poderá adxudicar o contrato, e entendendo que inclúe o Imposto sobre o valor engadido, así como calquera outro tributo que poida repercutir no prezo final dos bens a subministrar, incluído o imposto e demáis gastos de matriculación.
LOTE |
DENOMINACIÓN |
ORZAMENTO MÁXIMO |
Único |
Vehículo tipo tractor e apeiros Total............ |
127.356,40euros |
As ofertas deberán incluir directamente no prezo o importe do IVE, aínda que deberá detallarse expresamente, na forma establecida pola Lei 37/1992, do 28 de decembro e o Real decreto 1624/1992, do 29 de decembro.
III.- FINANCIAMENTO DO SUBMINISTRO.- O subministro obxecto do contrato que este prego regula, será financiado con cargo á seguinte partida do estado de gastos do orzamento vixente:
511-623 INVERSIÓN EN MAQUINARIA
O financiamento do subministro que se contrata efectuarase con cargo ao orzamento desta entidade do exercicio 2009.
IV.- CARACTERÍSTICAS DOS BENS A SUBMINISTRAR.- Deberá axustarse ás prescripcións técnicas contidas no prego de prescripcións técnicas que figuran como anexo II do presente prego.
V.- DURACIÓN DO CONTRATO.- A duración da relación contractual entre o adxudicatario e a Administración estenderase dende a data da notificación da adxudicación ata a devolución da garantía definitiva ao contratista.
O prazo para a entrega do tractor contratado no poderá exceder de 60 días, computándose a partires do día seguinte ao da notificación da demanda do subministro do vehículo.
VI.- CONDICIÓNS DE ENTREGA.- Os bens entregados deberán atoparse en disposición de ser inmediatamente utilizados polo Concello de Vedra. En particular, deberán atoparse provistos de permiso de circulación e matriculados conforme á lexislación vixente.
A entrega realizarase no Concello de Vedra, no prazo previsto na cláusula V deste prego, e dela levantarase a oportuna acta de recepción. Os gastos de entrega e transporte dos bens obxecto de subministro serán por conta do contratista.
Se os bens non se atopasen en estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción e daranse as instrucións precisas ao contratista para que emende os defectos observados ou proceda a un novo subministro de conformidade co pactado.
VII.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Poderán participar na licitación convocada as persoas naturais ou xurídicas, nacionais ou extranxeiras, que tendo plena capacidade xurídica e de obrar non se atopen comprendidas en ningunha das circunstancias que enumera o artigo 49 da Lei de contratos do sector público como prohicicións de contratar.
Poderá contratarse con unións de empresarios que se constitúan temporalmente para o efecto, de acordo co establecido no artigo 48 da Lei de contratos do sector públicas.
As empresas concorrentes deberán xustificar a solvencia económica e financeira e técnica demostrando que conta cos coñecementos técnicos, eficacia, experiencia e fiabilidade suficiente para o desenvolvemento do obxecto do contrato, o que se acreditará a través dun ou varios dos medios establecidos nos artigos 64 e 66 da Lei de contratos do sector público.
VIII.- EXAME DO EXPEDIENTE.- O expediente contractual que regula este prego e os documentos técnicos e administrativos que del forman parte, poderán ser examinados nas oficinas xerais do Concello de Vedra, en horario de atención ao público entre as 9:00 e as 14:00 horas, de luns a venres, durante o prazo establecido para a presentación de proposicións.
IX.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR.- A presentación de proposicións e documentación que se xuntará, axustarase ás seguintes regras:
9.1.- Lugar y Prazo: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vedra durante o prazo de 15 días dende a última publicación no BOP ou no DOG.
9.2.- Formalidades: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada, presentaranse en dous sobres:
A)Subtitulado "DOCUMENTACIÓN" na que se introducirán os seguintes documentos:
a) Fotocopia do DNI da persoa que asine a proposición tanto se concorre á contratación como persoa individual, como no caso de que o faga en nome e representación dunha persoa xurídica.
b) Fotocopia do CIF da empresa.
c) Acreditación de non atoparse incurso o concorrente en ningunha das prohibicións para contratar coa Administración que sinala o artigo 49 da Lei de contratos do sector público.
A declaración deberá facer referencia expresa á circunstancia de que o empresario se atopa ao corrente das súas obrigacións tributarias e da Seguridade Social (sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba esixirse ao que vaia a resultar adxudicatario do contrato, para cuxo efecto concederáselle un prazo de cinco días hábiles).
d) Copia de escritura de poder bastanteado si se actúa en nome e representación doutra persoa.
e) Copia da escritura de constitución e estatutos da Sociedade cando o concorrente sexa unha Sociedade Mercantil.
f) Xustificación da solvencia económica e financieira dos concorrentes por un ou varios dos medios sinalados no artigo 64 da LCSP.
g) Xustificación da solvencia técnica dos concorrentes por un ou varios dos medios sinalados no artigo 66 da LCSP.
h) Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional.
As empresas inscritas no Rexistro de Documentación de Empresas Contratista da Excma. Deputación Provincial de A Coruña (BOP núm. 64 de 20.3.98), non terán que presentar os documentos aos que se refiren os apartados a), b), c), d) y e).
Para estes efectos será suficiente con que o licitador indique o número de inscrición no rexistro ou xunte unha fotocopia simple do documento acreditativo de inscrición.
B)Subtitulado "OFERTA ECONÓMICA E REFERENCIAS TÉCNICAS" que conterá a oferta económica, oferta de prazo de entrega e melloras ofertadas no seu caso.
OFERTA ECONÓMICA E REFERENCIAS TÉCNICAS:
No anverso do sobre figurará a mención: "Proposición económica e referencias técnicas para a contratación mediante concurso con procedemento aberto do SUBMINISTRO DE ..................................., presentada por .......................................................................... .......................................................... (nome ou denominación social, domicilio e teléfono)".
A oferta económica presentarase axustada ao modelo que figura como anexo.
No caso de discrepancia entre o importe expresado na letra e o expresado na cifra, prevalecerá a cantidade que consigne en letra, salvo que dos documentos que compoñen a proposición se desprenda outra cousa
Ademais, o sobre conterá as seguintes
Referencias Técnicas:
a) Documentación técnica e referencias detalladas sobre as características do ben obxecto de subministro. Adicionalmente poderá presentar calquera outra documentación técnica que demostre a súa experiencia e servicio post-venta.
b) Melloras ofrecidas, xustificadas técnica e economicamente.
c) Certificado de asistencia técnica de que dispón a empresa para o mantemento do material ou reposicións durante o prazo de garantía do contrato, e programa e condicións de mantemento.
d) Declaración e compromiso de prazos de entrega, instalación e garantía da totalidade do subministro.
e) Declaración e compromiso de efectuar, no seu caso, unha revisión anual dos equipos subministrados, durante os tres anos seguintes á recepción do material, que non supondrá aumento do prezo do contrato.
f) Catálogos, debuxos, folletos, fotografías ou videos relativos aos bens que se ofrecen.
g) Solvencia técnica: acreditarase mediante presentación dunha relación dos principais subministros efectuados durante os tres últimos anos indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado.
No suposto de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos, e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a proposición se fora recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data da terminación do prazo sinalado no anuncio.
A presentación das proposicións presume a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas sen salvedade algunha.
X.- COMPOSICIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN E ACTUACIÓNS DESTA NO PROCEDEMENTO.- A mesa de contratación constituirase o 5º día hábil no Salón de Plenos do Concello de Vedra.
A Mesa de contratación estará integrada da seguinte maneira:
Presidente: o Alcade ou concelleiro en quen delegue.
Vogais : un membro da corporación asignado polo alcalde
dous técnicos designados pola alcaldía.
o Secretario do Concello.
A Mesa de contratación, por separado, levará a cabo as seguintes actuacións:
10.1.- Apertura e cualificación da documentación contractual: consistirá en examinar a documentación achegada polos concorrentes, cualificandoa e determinando que as proposicións presentadas que non se axusten ao contido estrito do apartado A), punto 8.2 formalidades, da cláusula novena deste prego non serán admitidas a licitación.
10.2.- Apertura das proposicións e valoración das ofertas: consistirá na apertura do sobre contendo as ofertas para efectuar a valoración delas con arranxo aos criterios previstos neste prego, podendo a mesa recabar os informes oportunos con tal finalidade e, en todo caso, desenvolver as súas deliberacións sen publicidade, sen prexuízo do dereito de audiencia que en todo momento se lle recoñece aos interesados no procedemento e de que, de inmediato, se informe aos concorrentes do resultado da valoración.
A mesa de contratación, de todas as súas actuacións estenderá acta e elevará a documentación presentada polos concorrentes e as proposicións destes, coa proposta da adxudicación que estime pertinente ao órgano de contratación, que será o que efectúe a adxudicación do contrato.
10.3.- Comisión Técnica.
Co fin de que a mesa de contratación poida formular a súa proposta ao órgano de contratación, e sen prexuízo de que ésta poida solicitar os informes que estime oportunos, emitirase informe por unha Comisión Técnica Asesora, constituída por:
Un experto designado pola alcaldía
Dous condutores encargados.
Un membro da corporación designado pola Alcaldía
Actuando como Secretario, con voz pero sen voto o Secretario do Concello.
XI.- CRITERIOS A TER EN CONTA NO PROCEDEMENTO E A SÚA VALORACIÓN.- Os criterios que se terán en conta para adxudicar o contrato, son os seguintes:
A- |
Servicio post-venta ata (antigüidade na mesma marca e outros). |
20 puntos
|
B- |
Mellora das características mínimas establecidas nas prescripcions técnicas en canto o tipo de vehículo a subministrar ata |
15 puntos |
C- |
Aumento dos prazos de garantía ata |
15puntos |
D- |
Outras melloras valoradas en equipamento complementario (equipo herbicida, barredora,…) ata |
15 puntos |
E- |
Rebaixa no prazo de entrega ata |
5 puntos |
XII.- PRAZO DE ADXUDICACIÓN E A SÚA NOTIFICACIÓN.- Á vista da proposta que formule a mesa, o órgano de contratación, adxudicará o contrato nos seguintes prazos:
Dous meses ou mes e medio como máximo, se se tratase de tramitación urxente.
O prazo contarase dende a data de apertura das proposicións.
De non dotarse acordo de adxudicación nos prazos sinalados, os propoñentes poderán retirar as súas proposicións.
O acordo de adxudicación será notificado a tódolos participantes na licitación.
O Concello de Vedra resérvase o dereito a declarar deserta a licitación si, na súa libre apreciación, ningunha das proposicións presentadas resultase conveniente aos seus fins, sin que por eso se poida exixir por parte do contratista indemnización.
En virtude da adxudicación definitiva, o contratista quedará obrigado a pagar o importe dos anuncios nos boletíns oficiais e de cantos gastos se ocasionen con motivo dos trámites preparatorios e de formalización do contrato, pago de impostos, cuxa contía se encontre incluída nos prezos unitarios, e calquera outros que se produzan.
XIII.- DOCUMENTOS COMPLEMENTARIOS A ACHEGAR POLO ADXUDICATARIO ANTES DE FORMALIZAR O CONTRATO.- Para poder formalizar o contrato o adxudicatario, deberá presentar dentro do prazo de que dispón, tanto a Administración como o adxudicatario, os seguintes documentos:
- Último recibo de pago do IAE correspondente ao domicilio fiscal do contratista.
- Resgardo de constitución da garantía definitiva.
- Certificado de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
XIV.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- Trala adxudicación, formalizarase o contrato en documento administrativo subscrito ante o Secretario do Concello, dentro do prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte á notificación da adxudicación, sempre que exista constancia de que foran achegados polo adxudicatario os documentos complementarios definidos na precedente cláusula.
Se o contrato non puidera chegar a formalizarse polas causas que foren, actuarase con arranxo ao disposto no artigo 140 da LCSP e demáis de aplicación. O adxudicatario deberá entregar e instalar os bens, no seu caso, de acordo cos prazos, computados a contar dende a data de formalización do contrato en documento administrativo dándose por entendido que a colocación, instalación, montaxe e posta en marcha está comprendido dentro de dito prazo.
A mora do adxudicatario non requirirá a previa intimación pola Administración. Calquera que sexa o tipo de subministros, o adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuizos ocasionados aos bens antes da súa entrega á Administración.
O adxudicatario estará obrigado a notificar por escrito á Administración, debendo recibirse ésta cunha antelación mínima de 48 horas (podendo utilizarse o fax), o día, hora e lugar de entrega previstos, non sendo responsable a Administración dos vicios ou defectos que tiveran os bens motivada pola entrega deles sen previo aviso.
En todo caso a entrega esixirá un acto formal mediante a formalización da correspondente acta de recepción.
Non obstante, o Concello por causas debidamente xustificadas, poderá solicitar que os bens continuen en depósito, a cargo do adxudicatario á súa costa e baixo a súa responsabilidade, durante un prazo máximo de SEIS meses, a contar dende a formalización do contrato de subministro específico e sen que en consecuencia teña que aboar o Concello cantidade adicional algunha por esta circunstancia.
Formación do persoal e manuais:
O adxudicatario deberá entregar documentación, instrucións e información suficiente, así como impartir os cursos de adestramento requiridos, durante o tempo que sexa necesario, a xuízo da Administración contratante, e sen que esto supoña custo adicional á mesma.
Así mesmo o adxudicatario estará obrigado a proporcionar á administración os manuais de funcionamento do ben subministrado en número equivalente ao de usuarios, e redactados en castelán ou galego.
XV.- PAGO DE PREZO DO CONTRATO.- O pago do prezo do contrato será satisfeito ao contratista con cargo aos créditos orzamentarios previstos para tal fin, tendo en conta o nivel de vinculación xurídica dos créditos que fixen as bases de execución do presuposto, contra certificación do subministro efectuado e da factura correspondente expedida polo subministrador que deberá de ser conformada polo servizo e o acta de recepción, e aprobada polo órgano competente do Concello .
Nos prezos da oferta enténdese que os licitadores incluirán todos os custos que correspondan a subministro, instalación, transporte, embalaxe, montaxe, seguros, matriculación, homologación técnica, etc. e todas as demais tarefas que inciden no proceso de instalación. En consecuencia o adxudicatario non poderá esixir o pago de cantidade algunha por este concepto.
XVI.- RISCO E VENTURA E REVISIÓN DE PREZOS.- A execución material do subministro cuxa contratación regula este prego efectuarase a risco e ventura do contratista que resulta adxudicatario, quen non terá dereito a indemnización algunha polas avarías, perdas ou prexuízos que se lle ocasionen durante ou con motivo da súa execución salvo casos de forza maior ou mora da Administración ao recibilo.
Dada a duración da execución material do obxecto do contrato, o prezo do contrato que regulan as presentes cláusulas non estará suxeito a revisión de prezos.
XVII.- PRAZO DE GARANTÍA E VICIOS OU DEFECTOS OBSERVADOS NO MATERIAL SUBMINISTRADO.- O prazo de garantía dos bens subministrados establécese en dous anos contado dende a data da acta de recepción, tendo a Administración durante dito prazo dereito á reposición ou reparación, se fora suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos.
O contratista adxudicatario durante o prazo de garantía terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados.
Se o órgano de contratación, durante o prazo de garantía considera que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ao contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non vai a ser bastantes para lograr aquel fin, antes de expirar o dito prazo, poderá rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando a Administración contratante exenta da obriga de pago ou, no seu caso, tendo dereito á recuperación do prezo satisfeito.
Finalizado o prazo de garantía sen que por parte da Administración contratante se atopasen reparos relativos aos bens subministrados, o contratista quedará exento de calquera clase de responsabilidade con relación a eles.
Reposición de pezas ou conxuntos:
O adxudicatario deberá manter os prezos unitarios para posibles novas adquisicións, ao menos durante un ano.
Así mesmo, o adxudicatario estará obrigado á reposición e ampliación de pezas ou de conxuntos durante o prazo de dez anos. O prezo deste material axustarase ao establecido nesta adxudicación máis os incrementos legalmente establecidos no sector.
XVIII.- PRESTACIÓN DE GARANTÍAS.- A contratación que regula este prego queda sometida ao seguinte réxime de prestación de garantías:
Provisional: 3% do presuposto (art. 91 da LCSP)
- Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato excluíndo o IVE (art. 83 LCSP).
A garantía definitiva poderá constituírse en calquera das formas admitidas en dereito.
XIX.- DEMORA NA EXECUCIÓN DO SUBMINISTRO E IMPOSICIÓN DE PENALIDADES OU A SÚA RESOLUCIÓN.- O contratista adxudicatario do subministro está obrigado a cumprir o prazo establecido para a súa execución e, se o dito prazo no se cumprira por causa a él imputable, a constitución en mora non precisará intimación por parte da Administración, a cal poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que establecen os artigos 196, 206 e 275 da LCSP, en función do prezo.
En todo caso o adxudicatario, unha vez transcorrido o prazo de entrega establecido, sen que se tivera cumprido co prazo do subministro, deberá poñer pola súa conta a disposición do Concello un vehículo de similares características para o desenvolvemento do servizo ata que se execute o subministro.
XX.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN DO CONTRATO E A SÚA MODIFICACIÓN.- Son causas de resolución do contrato de subministro as contidas nos artigos 206 e 275 da Lei de contratos do sector público.
O contrato poderá modificarse cando concorran as condicións establecidas nos artigos 202 e 272 da Lei de contratos do sector público.
XXI.- RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO, PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN PARA A SÚA INTERPRETACIÓN E XURISDICIÓN COMPETENTE.- O contrato que regulan as presentes cláusulas teñen natureza administrativa e, ademais de por elas rexiranse polo disposto na LCSP, Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e lei de administración local de Galicia, entre outras.
A Administración contratante, ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato, resolvendo as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificandoo por razóns de interese público ou acordando a súa resolución e os efectos desta.
O órgano de contratación será o encargado de resolver as cuestións que xurdan sobre interpretación, modificación e resolución do contrato, esgotando os acordos que adopte a vía administrativa, quedando libre e expedita a vía da xurisdicción contenciosa administrativa.
XXII.- DEREITOS DO ADXUDICATARIO.- O adxudicatario terá dereito a percibir o prezo contractual a medida que se vaian emitindo as correspondentes certificacións ou facturas do subministro, sen que dende a data da súa emisión poidan producirse retrasos na precepción do importe das mesmas superiores a dous meses, coas consecuencias previstas polo artigo 200 da LCSP, no caso de incumprimento por parte da Administración.
Ademais o adxudicatario terá dereito a obter protección da Administración contratante para poder executar o subministro, así como a transmitir a terceiros os dereitos de cobro do prezo contractual que lle correspondan, sendo neste caso indispensable a notificación á Administración de maneira fidedigna do acordo de cesión e unha vez que a Administración teña preciso coñecemento do acordo de cesión, o mandamento de pago do prezo contractual haberá de ser expedido a favor do cesionario.
Tamén terá dereito a resolver o contrato e ao resarcimento dos prexuizos que como consecuencia se lle orixinen, se a demora da Administración fora superior a oito meses.
XXIII.- DECLARACIÓN DE URXENCIA.- Sempre que por razóns de interese público o estime conveniente o órgano de contratación, poderá ser acordada a tramitación urxente do expediente de contratación.
No suposto de tramitación urxente, estaráse ao disposto nos artigos 128 e 96 da LCSP en concordancia co artigo 322 da Lei de administración local de Galicia.
ANEXO I
MODELO DE PROPOSICIÓN
LOTE ÚNICO
PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NA CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO TIPO TRACTOR PARA O CONCELLO DE VEDRA.
D. ............................................ con D.N.I nº ............................. do que se xunta fotocopia, con domicilio en .................................. c/ ..............................................en ....................................... (nome propio ou representación de ....................) segundo acredito con copia de poder outorgado ao meu favor que xunto suficientemente bastanteado, enterado da convocatoria de contratación sinalada, comprometese a levar a cabo a execución material do obxecto da contratación, con estrita suxeición ao Prego de Cláusulas que rixe a contratación que declaro coñecer e aceptar na súa integridade formulando a seguinte OFERTA:
Denominación: Subministro dun Vehículo tipo tractor
Base de licitación: .............................. (IVE e imposto de matriculación incluído)
Prezo ofertado: .................................. (IVE e imposto de matriculación incluído)
Importe Baixa:
Marca, modelo e características técnicas do subministro:
Melloras que se ofertan (sen custo económico adicional algún para o Concello):
(Lugar, Data e asino no seu caso selo)
PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS PARA A ADXUDICACIÓN DUN VEHÍCULO TIPO TRACTOR.
1.- OBXECTO E CARACTERÍSTICAS
Tractor con apeiros
2.-VEHÍCULO
Tractor:
2.1.- Características xerais do vehículo.
Tractor de dobre tracción con suspensión
2.2. Motor
6 cilindros, turbo, potencia mínima de 130 cv e sistema de alta presión.
2.3. Transmisión.
Cambio de velocidades baixo cargo, 24 velocidades de avance e 24 de retroceso e inversor electrohidráulico.
2.4. Frenos
Hidráulicos en baño de aceite
2.5. Sistema hidráulico
Con bomba de 80 l/min e elevador electrónico con enganche rápido para aperios.
2.6. Toma de forza.
Accionamento electrohidráulico
2.7. Cabina
Con aire acondicionado e calefacción, espellos, asento de acompañante, asento pneumático do operador , cinturóns de seguridade.
2.8. Garantía e seguro.
Dous anos de garantía
2.9.Importe: 74.706,60 € (sen IVE)
2.11.Desbrozadora lateral
A)Características técnicas
Cinco metros de alcance, cabezal desbrozador avanzado, monomando de control total.
B) Importe: 28.334,00 € (sen IVE)
2.12.Pa cargadora
A)Características técnicas
Catro cilindros, monomando, enganche europeo de accesorios, alcance mínimo de catro metros, cazo áridos reforzado.
B) Importe: 6.750,00 € (sen IVE)