“Vedra, camiño xacobeo” é unha proposta do Concello de Vedra que consiste no desenvolvemento dunha programación sociocultural para a celebración do Xacobeo 2021-2022 a través da dinamización dos Camiños de Santiago ao seu paso polo municipio (Vía da Prata, Camiño de Inverno e Camiño Miñoto-Ribeiro), e da posta en valor do patrimonio cultural, natural, gastronómico, científico e social destes itinerarios.
“Vedra, camiño xacobeo” céntrase na transversalidade a través dos seguintes eixos temáticos:
- Vedra, Camiño de Cultura
- Vedra, Camiño de Ciencia
- Vedra, Camiño de Camelias
- Vedra, Camiño de Gastronomía
- Vedra, Camiño de Emprendemento
Esta iniciativa conta cunha axuda da Xunta de Galicia, no marco dos proxectos de dinamización do Xacobeo, “O teu Xacobeo”.