PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL NO MEDIO RURAL

UVE DE VOLUNTARIADO; UVE DE VEDRA: UVE DE VALÍA

Este programa de voluntariado pioneiro vaise levar a cabo na realidade do Concello de Vedra e está dirixido a xoves de 16 a 35 anos e persoas maiores de 55 anos.

Un proxecto desenvolvido no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEu.

A acción voluntaria realizarase por parellas, é dicir un mozo/a e un/ha maior. É un programa que busca unha aportación social e comunitaria importante para o territorio.
Ten por obxectivos xerais:
- Poñer en valor as aportacións das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da nosa comunidade.
- Promover accións interxeracionais que fomenten a relación entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos.
- Crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor o Concello de Vedra a nivel patrimonial, cultural e social.

Consta de tres liñas de acción:
- LIÑA TURÍSTICA. PROXECTO “SON VEDRA” Dar a coñecer o Concello de Vedra e a súa riqueza a nivel patrimonial, cultural e histórica.
- LIÑA AGROALIMENTARIA: PROXECTO “AGROVEDRA” Poñer en valor o saber popular e mantemento das tradicións no sector agroalimentario.
LIÑA DE COHESIÓN TECNOLÓXICA E DIXITAL: PROXECTO “VEDREA”. Fomentar a dixitalización nas persoas maiores.

As persoas voluntarias contarán con: formación, seguro de R.C. e de accidentes, gastos de desprazamento e manutención cubertos, certificación da experiencia...

Para máis información e inscricións:
O enderezo electrónico: voluntariado@concellodevedra.gal ou o teléfono 981814695/12

Visita: www.voluntariadogalego.org