OFERTA PRIVADA DE EMPREGO

Empresa con sede en Santiago de Compostela oferta posto de: APOIO E ENLACE EN TALLER ELECTROMECÁNICO.

Funcións:

  • Enlace entre recepción, Gestor de clientes, taller, administración e Xerencia.
  • Recepción e entrega de vehículos e explicacións a clientes do funcionamento, modificacións, etc…
  • Revisión de ordes de traballo e o seu correcto desenvolvemento.
  • Recepción vehículos flota e colocación dos mesmos.
  • Pasar ordes de traballo con tempos e materiais usados.
  • Revisión e control dos materiais que precisan os técnicos para o correcto desempeño das súas tarefas e trasladar ao xestor de clientes as necesidades en cada caso.
  • Movemento e organización de vehículos, axudando a Taller na coordinación para descargar desta tarefa aos técnicos de taller.
  • Organización de aprovisionamentos, almacenaxe e informar de necesidades para a realización de pedidos.
  • Recepción de materiais e almacenamento.
  • Trasladar e coordinar cos servizos de contabilidade e administración descuadres e consultas de materiais e aprovisionamentos.
  • Apoio para cubrir vacacións de persoal de recepción e xestión de taller.
  • Limpeza e presentación de vehículos.

Requírese persoa dinámica, con gusto pola reparación de vehículos.

Non son precisos altos coñecementos técnicos, pero sí axilidade e atracción polo mundo do motor.

Precísase vehículo propio.

Xornada continua de luns a venres.

Forma de contacto e presentación á oferta: 649323632 (APOIO E ENLACE EN TALLER ELECTROMECÁNICO)