PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Para consultar a listaxe pode acceder ao seguinte enlace do taboleiro de anuncios electrónico municipal: https://sede.vedra.es/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210602150003512.html
PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Para consultar a listaxe pode acceder ao seguinte enlace do taboleiro de anuncios electrónico municipal: https://sede.vedra.es/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210527143004003.html
Os días para reclamacións e alegacións son o 31 de maio e 01 de xuño, mediante presentación por escrito da mesma nos seguintes lugares:
· Na Sede Electrónica: https://sede.vedra.es/opencms/gl/
· Presencialmente no Rexistro do Concello, PREVIA CITA en 981 814 693 ou 981 814 612 ou no enlace de cita previa: https://sede.vedra.es/opencms/gl/cita/index.html
· Nos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR DO LUDOVERÁN 2021
Como tódolos anos a Ludoteca inicia unha nova tempada de verán intentando cumplir coa maior e mellor calidade os seus fins educativos e sociais.
Este anos a programación estará enfocada arredor de dúas temáticas:
O Camiño das Pedras: coindindo co Xacobeo 2021 unha parte da nosa programación enfocarase no Camiño de Santiago, mediante actividades coas que coñeceremos os tramos que percorren o noso concello, tanto da Vía da Prata como do Miñoto-Ribeiro, convertíndonos incluso en auténticos peregrinos. Tamén faremos talleres enfocados no traballo da pedra, un elemento fundamental neste tramo do camiño. Con esta temática trataremos de desfrutar do noso entorno, tanto natural como arquitectónico, aprendendo a valoralo e respetalo.
As Olimpíadas: xa que este verán teñen lugar os Xogos Olímpicos en Tokio, na ludoteca recrearemos este acontecemento deportivo a través de divertidas ximcanas, dinnámicas grupais e tamén talleres de cociña xaponesa.
- O prazo de presentación de solicitudes: Do 03 ao 24 de maio de 2021, ambos incluídos.
- Lugares de presentación de solicitudes:
- Na Sede Electrónica: PREME AQUÍ
- Presencialmente: Con CITA PREVIA (981 86 4693 ou 981 86 4612) no Rexistro do Concello ou nos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das AAPP
Para calquera información poñerse en contacto no telf.699 041 486 ou no enderezo electrónico carmen.sabio@concellodevedra.com