XLII FESTA DO VIÑO DA ULLA
A Festa do Viño da Ulla é un escaparate importante para un produto como o viño, que conta cun papel clave na socioeconomía da Ribeira do Ulla, tanto co propio produto como co enoturismo que xira ao seu redor.
Ten por finalidades: promocionar os viños da Subzona Ribeira do Ulla, mostrar e degustar os Viños D.O. Rías Baixas da Ribeira do Ulla, organizar un concurso-cata para poñer en valor os mellores viños da tempada, mellorar a calidade e a comercialización dos viños desta nova subzona e ofrecer un programa complementario de actividades para dinamizar o evento.
O primeiro día ten lugar a Cata-Concurso dos viños Rías Baixas Albariño da Ribeira do Ulla, onde un xurado profesional avalía a calidade dos viños e outorga os premios aos 3 mellores viños. Logo, organízase unha mostra de viños, que está situada no recinto do campo de festa. Todo isto, acompañado dunha ampla programación que busca a “Harmonía” entre viño, tapas e música.
En definitiva, a Festa do Viño da Ulla non só pon en valor o viño como recurso gastronómico, senón que tamén trata de aportar o seu gran de area ao desenvolvemento territorial.
Adegas participantes: PAZO ARRETÉN, GÓMEZ E RIAL, MARECASTE, CASTRO DE BALAR, CHOUZAL, MAR DE ENVERO, LIXELES, BARALLOBRE, ADEGA VALDÉS, CASA DO SOL, MARÍA MANUELA E CASTRO BREY.
Bótalle un ollo á súa programación e a todas as súas novidades nas súas redes sociais PREMENDO AQUÍ
--- XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO --- PRAZAS ESGOTADAS
Xa está aquí unha nova edición das Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño.
Este proxecto xorde baixo a idea de crear espazos adicados á formación dos viticultores da zona, coa finalidade de mellorar e estimular producións de calidade, así como divulgar novos coñecementos entre os consumidores/as, mergullándoos na cultura do viño.
Os obxectivos destas xornadas son:
- Promover un espazo de encontro, divulgación e formación para os consumidores e para os viticultores da zona.
- Poñer en valor a cultura do viño como produto de calidade.
- Promocionar os viños da Subzona Ribeira do Ulla.
- Fomentar o desenvolvemento científico e técnico do territorio Xa está aberto o prazo de inscrición! Prazas limitadas!