Programación para este tempo para coidarnos, para estes corenta días de facer un último esforzo, corenta días antes da primavera. Corenta días nos que o Entroido, a Camelia e a Festa do Viño, tres dos escaparates do concello de Vedra, son un recordatorio das gañas que temos de compartir, de estar xuntos, de conectar e de volver.
Quédanos facer un último esforzo, un “sprint” final.
Vedra non para, pero poñémonos en corentena. O Entroido, a Camelia, e o Viño, estarán presentes como todos os anos nestes corenta días, pero farano dunha maneira distinta. Porque o que toca agora é coidarse, é parar.
A nosa programación cultural manterá a esencia destes tres grandes eventos que definen a nosa identidade, pero levarémola a cabo con moito coidado e mimo.
Utilizando, máis que nunca, as redes sociais e medios en liña, evitando os eventos que impliquen aglomeracións e contacto. Sendo moi conscientes de que é difícil, xa que se trata de tres dos nosos grandes eventos, pero o noso único obxectivo, nestes momentos tan complicados, é mantelos vivos, é manternos vivos.
ENTROIDO EN LIÑA ."Tradición e Cultura". Como antes, como agora, como sempre
Pincha aquí para ver o vídeo de Galicia Noticias co entroido de Vilanova.
Pincha aquí para ver o vídeo do programa Vivir Aquí da TVG co entroido de Vilanova.
Pincha aquí para ver o vídeo do entroido de Vilanova 2020 realizado por J.L.M.
#presentación do documental "Os Xenerais da Ulla"
O venres 12 de febreiro tivo lugar o acto de presentación do documental titulado “Os Xenerais da Ulla”, unha produción de DANGA DANGA AUDIOVISUAIS E AMAFILMES 2020 e que está dirixido por Miguel Ares e Ángel Cordero.
No transcurso do mesmo participaron os propios directores xunto ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o alcalde de Vedra, Carlos Martínez e o Concelleiro de Educación e Turismo, Manuel Costa.
Os obxectivos primordiais deste proxecto poden resumirse en:
• Amosar e ensalzar todos os atractivos cos que conta na actualidade a festa (vistosidade, contidos lúdicos, actividades paralelas...)
• Reseñar todos os elementos que fan desta festa un nexo de unión entre parroquias, concellos e comarcas (polas axudas e colaboración entre eles) e tamén de diferenciación e identidade local (pola competencia para ter o mellor carnaval e as aportacións propias de cada zona ao evento).
• Recuperar e manter o grande patrimonio cultural que representan todos os ritos que se poñen en xogo, a súa significación histórica e a súa evolución e adaptación á realidade social de cada época.
O equipo deste traballo audiovisual está formado por:
Guión e dirección: Miguel Ares e Ángel Cordero
Produción executiva: Maruxa Barreiro
Dirección de fotografía: Alfredo Varela
Cámaras: Miguel Ares, Ángel Cordero, Alfredo Varela, “Zonte”
Son: Daniel Ameneiro
Voz en off: Manuel Mandianes (antropólogo)
Música: Grupo “Árdelle o eixo”. Tema cedido por Alberto Canedo
Foto fixa e Making of: Candela Monteiro e Amador Sánchez
PARA VER ACTO DE PRESENTACIÓN: PULSA AQUÍ
VER RESUMO DOCUMENTAL: PULSA AQUÍ
VER DOSSIER INFORMATIVO na información achegada nesta sección.