O 28 de xuño é unha data especial na que se celebra a diversidade e se defenden os dereitos e a igualdade da comunidade LGTBI+.
Con motivo desta xornada, a Xunta de Goberno da FEMP (da que forma parte Vedra) aprobou a Declaración Institucional que se achega nesta sección e con ela reiterase o seu compromiso coa defensa dos dereitos humanos como a igualdade, a liberdade e a non discriminación das persoas, con independencia da súa orientación sexual.
Nesta sección tamén atoparás a Declaración Institucional da Deputación da Coruña así como a información sobre a súa campaña "Liberdade de ser e Sentir"
Vedra realizará unha actividade pola diversidade no mes de setembro, da que terás información despois do verán!!